Tuzo Wilson

xeofísico canadense

John Tuzo Wilson foi, nado en Otava (Ontario o 24 de outubro de 1908 e finado en Toronto o 15 de abril de 1993, foi un xeólogo e xeofísico canadense que alcanzou notoriedade como un dos principais autores da formulación final da tectónica de placas e do desenvolvemento da teoría do ciclo de Wilson.

Tuzo Wilson
Nacemento24 de outubro de 1908
Lugar de nacementoOtava
Falecemento15 de abril de 1993
Lugar de falecementoToronto
NacionalidadeCanadá
Alma máterUniversidade de Trinity College, Universidade de Princeton e St John's College
Ocupaciónxeólogo, xeofísico e profesor universitario
PaiJohn Armistead Wilson
NaiHenrietta Tuzo
Premiosoficial da Orde do Imperio Británico, Prêmio Bancroft, Companion of the Order of Canada, Medalha Penrose, Medalha Alfred Wegener, Lexionario da Lexión do Mérito, Prémio John J. Carty, Prêmio Vetlesen, A.G. Huntsman Award for Excellence in the Marine Sciences, J. Tuzo Wilson Medal, Medalha Logan, Medalha Walter H. Bucher, Medalha Wollaston, Fellow of the Royal Society of Edinburgh, Fellow of the Royal Society of Canada, Maurice Ewing Medal, Medalha Willet G. Miller e Medalha Maurice Ewing
Na rede
Dialnet: 3616461 WikiTree: Wilson-36870
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Os seus pais, John Wilson e Armistead Henrietta L. eran de orixe escocesa. Iniciou os seus estudos de xeofísica na Universidade de Toronto en 1930. Tras a súa graduación continuou cos seus estudos de xeofísica no St John´s College, na Universidade de Cambridge e na Universidade de Princeton. A súa carreira como académico culminou coa obtención do título de doutor en xeoloxía en 1936. Pouco despois uniuse a Geological Survey of Canada e realizou traballo de campo nos territorios do noroeste.

Ao comezo da segunda guerra mundial, Wilson alistouse na Royal Canadian Army Engineers. Cando as deixou tiña o grao de coronel. En 1946, incorporouse á Universidade de Toronto como mestre de xeofísica e, en 1967, foi nomeado director da University´s Erindale College. En 1974, Wilson foi nomeado director xeral da Ontario Science Centre. En 1969, foi condecorado co grao de Oficial da Orde do Canadá, da cal foi ascendido a Grande Oficial en 1974. Tamén foi nomeado académico da Royal Society of Canada.

Na súa honra a Canadian Geophisical Union creou a John Wilson Medal, destinada a recoñecer a excelencia na investigación científica e tecnolóxica no campo da xeofísica.

Ciclo de Wilson editar

 
Esquema do ciclo de Wilson.

Esta é a súa teoría máis coñecida. O ciclo comeza cando unha placa continental fractura creando un rift continental. Neste rift suceden sismos e aparecen volcáns. No rift, ao estar situado a unha menor atura que o terreo do redor, acumúlase auga creando lagos. Nesta situación atópase o Rift de Valley, en África.

Este rift irá aumentando de tamaño ata converterse nun mar, situación na que se atopa o Mar Vermello, e continuará aumentando ata converterse nun océano, como é o caso do océano Atlántico. No fondo do océano podemos observar a dorsal oceánica na cal se está a renovar o fondo oceánico. Nesta zona prodúcense sismos e aparecen volcáns.

Co aumento de tamaño, esta placa pesará cada vez máis, o que provocará que subduza baixo unha placa continental veciña. Nesta zona crearase unha fosa oceánica e aparecerán arcos insulares, como é o caso do Xapón. Co paso do tempo, estes arcos insulares acabarán formando unha cordilleira pericontinental no límite da placa continental. Nela crearanse volcáns e se producirán sismos provocados polo roce entre as dúas placas. Nesta situación atopamos a placa de Nafca que está a subducir baixo a placa suramericana creándose a cordilleira dos Andes.

Ao final estas dúas placas rematarán colidindo e creando unha cordilleira entre as dúas. Nesta situación atópase a India, que está situada na placa indoaustraliana, que colidiu contra China, na placa euroasiática; creando a cordilleira do Himalaia.

Véxase tamén editar