Pobo tuareg

(Redirección desde «Tuareg»)

Os tuaregs[5] son un grupo étnico ou nación africana. O seu autoetnónimo é Kel Tamaxeq, Kel Tamajaq ("falantes de Tamasheq"), Imouhar, Imuhagh, ou Imaxaghen ("os ceibes"). A xente tuareg tamén se autoidentifica coa verba Tamust, "a nación". O significado da verba "tuareg" aínda está por aclarar: podería proceder da rexión libia coñecida hogano coma Fezzan, pero antano coma Targa. A verba árabe "targui", podería provir do val de Targa, a principal cidade de Ubari ó oeste de Sebha. Outramente, "tuareg" podería vir da pronuncia beduína do árabe Tawariq ("deixado de Deus", singular Targuí). O pobo tuareg atópase hoxe en día fundamentalmente en África occidental, pero (coma outros moitos no norte de África) foron nómades polo deserto do Sáhara.

Pobo tuareg
Homes tuareg
Poboación
Poboación total:
2,5 millóns[1]
Rexións principais:
Níxer Níxer~ 2 millóns[2]
Mali Malí~ 0,5 millóns[3]
Burkina Faso Burkina Faso50 000[4]
Alxeria25 000–150 000 (1987)
Libia Libia20 000 (1993)
Marrocos Marrocos4 500 (1984) (nómades)
Tunisia Tunisia2 000 (1987) (nómades)
Aspectos culturais
LinguaAs linguas tuaregs (tamasheq, tamajeq, tafaghist, tamahaq, tawellemmet)
RelixiónIslam
Grupos
relacionados
Bérberes

Historia editar

Descencentes dos bérberes na rexión que hoxe en día é Libia, o pobo tuareg identificouse coas xentes nómades do deserto do Sáhara xa en tempos de Herodoto, que chamaba "garamantes" ós antigos libios. Testemuñas arqueolóxicas son as ruínas de Xerma, dos habitantes de etnia tuareg descendentes dos garamantes. Só máis tarde é cando se espallan polo Sahel.

Os comerciantes do pobo tuareg foron durante moito tempo responsables do intercambio de artigos de luxo e escravos en África, conectando as grandes cidades da estrema sur do deserto do Sáhara mediante cinco rutas comerciais que ían ata a costa africana meridional no mar Mediterráneo.

No século XIX, resistiron a colonización francesa do que agora é Malí e Níxer, ata que asinaron a paz respectivamente en 1905 e 1917. Durante este período, os franceses entraron no sur de Alxeria. A facción ahaggar do pobo tuareg acaudillada polo amenokal Musa ag Amastan librou moitas batallas contra os franceses ata que a rexións se converteu finalmente nun protectorado francés. Antes de que fose desmantelado polos colonos, a nación tuareg tradicional organizábase nunha vaga confederación. Todos os grupos tiñan un amenokal, xunto coa asemblea de xefes imgharan (en singular amghar). Os grupos eran:

  • Kel-Ahaggar;
  • Axer;
  • Kel-Aïr;
  • Adrar n'fughas;
  • Iwel·ledmidan;
  • Kel Gras;

Trala independencia dos estados africanos na década de 1960, o territorio tuareg dividiuse entre os cinco novos estados: Níxer, Malí, Alxeria, Libia e Burkina Faso.

 
Áreas cun número significativo de habitantes targuí

O seu atávico conflito con outras tribos africanas foi moi esaxerado no século XX, debido a que a desertificación forzounos a emigrar permanentemente cara ao sur na busca de mellores fontes de auga. A desertificación tamén provocou o abandono da vida nómade, xa que a maioría dos habitantes da etnia tuareg se volveron granxeiros en asentamentos ou emigraron ás cidades.

En Malí, o levantamento tuareg comezou nas montañas de Adrar n'fughas xa na década de 1960, trala independencia do país. En maio de 1960, após os disturbios no exterior dunha prisión en Tchin-Tabaraden, Niger, o pobo tuareg tanto en Níxer coma en Malí reivindicou a autonomía das súas rexións (respectivamente Tenere con capital en Agadez e as rexións de Azawad e Kidal). Daquela sucedéronse enfrontamentos militares cos exércitos de ámbolos dous países cun número de baixas próximo ós milleiros. As negociacións, coa mediación de Francia e Alxeria, levaron ós acordos do 11 de xaneiro de 1992 en Malí e de 1995 en Níxer. Ámbolos dous acordos recoñecen a descentralización do poder nacional e garanten a integración dos guerrilleiros da resistencia tuareg nos exércitos dos respectivos países. O groso do enfrontamento entre a resistencia tuareg e os exércitos rematou cos acordos de 1995 e 1996, pero en 2004, producíronse algunhas confrontacións en Níxer entre as forzas gobernamentais e grupos que reivindicaban outra vez a loita pola independencia tuareg.

Territorio tuareg editar

O pobo tuareg habita unha enorme extensión que cobre case todo o centro e occidente do deserto do Sáhara e o norte e centro do Sahel. Na concepción tuareg, o Sáhara non é un deserto, senón varios. Así, chámanlle Tinariwen, que significa "os desertos". Entre os moitos desertos do noroeste de África está o verdadeiro deserto do Teneré. Asemade, poden considerarse varios desertos consonte sexan máis ou menos áridos, chairos ou montañosos: Adrar, Fezzan, Azawagh, Ahaggar, Tagant, Tawat (Touat) Tanezruft, Adghagh N'Fughas, Tamasna, Adar, Damargu, Tagama, Manga, Tarramit (Termit), Kawar, Jado, Tadmait, Admer, Igharghar, Tadrart, Idhan, Tanghart, Kalansho, o Tassili N'Ajjer, o Tibesti, Aïr, deserto de Libia etc.

Cultura editar

A cultura tuareg é matrilinear, inda que non matriarcal. Ó revés có resto das sociedades musulmás, as mulleres non visten veo tradicionalmente, mentres que os homes si o fan. O feito de os homes cubriren o rostro orixínase na crenza de que este acto prevén os malos espíritos, inda que probablemente tamén está relacionada coa protección contra a dureza das areas e ventos do deserto; de calquera xeito, está fortemente establecido na tradición (e asemade portar un rescrito con versos do Corán). Os homes comezan con 25 anos a levar veo, que lles cobre completamente a face agás os ollos. Este veo nunca se quita, nin sequera perante membros da súa familia. [1][Ligazón morta], [2]

A sociedade tuareg é tradicionalmente xerárquica, con nobreza e vasalos; antigamente, tamén tiñan escravos, ("Iklan"), a miúdo prisioneiros africanos, subsaharianos. Tradicionalmente, os comerciantes tiñan un status maior có dos seus compatriotas sureños máis asentados. Co tempo, estas diferenzas esvaéronse consonte á fortuna económica de ámbolos dous grupos.

Aínda hai moito tuareg con costumes ou ben agrícolas ou ben criadores nómades de vacún; tamén quedan ferreiros, criadores de camelos e condutores de caravanas.

Ás veces aínda se lle chama "o pobo azul" ó pobo tuareg debido á cor índigo das súas túnicas e turbantes. Porén, as súas roupas poden ser doutras cores. De feito, o turbante índigo úsase normalmente en celebracións. Normalmente vai perdendo a cor tinxindo a pel de quen o viste.

Lingua editar

A lingua tuareg Tamajaq / Tamaxeq / Tamahaq, a lingua bérber ou o conxunto de todas estas conforman un grupo con variacións moi significativas diatópicas. A lingua chámase Tamaxeq polos tuareg occidentais; Tamahaq entre os tuareg de Alxeria e Libia e Tamajaq nas rexións de Azawagh e Aïr, en Níxer. O sistema de escrita Tamajaq chamado Tifinagh (ou tamén Shifinagh), procede directamente do sistema de escrita bérber usado polos númidas na época prerromana.

Relixión editar

O tuareg é un pobo predominantemente musulmán, inda que flexible na súa práctica, máis tendente a "cumprir festas que fastos". Combinan dende o século XVI o chamado islam maliki (baseado nas ensinanzas do imán Malik bin Anas) con certas crenzas animistas preislámicas, coma a presenza do espírito Kel Asuf e crenzas sincréticas coma a adiña mediante o Qurán. [3]

Arte editar

 
Tinariwen.

Boa parte da arte tuareg traballa con alfaias, o coiro e o metal, coma no caso das espadas finamente laboradas. [4]

Tinariwen, unha banda Tuareg que fusiona guitarras eléctricas con estilos musicais tradicionais, fundouse contra os anos 1980 por uns guerrilleiros rebeldes. Sacaron o seu primeiro CD no ano 2000 e fixeron unha xira por Europa e os Estados Unidos no 2004.

Clasificación étnica editar

O pobo tuareg é do grupo beréber group e están estreitamente vencellados tanto ós beréber norafricanos coma ós africanos occidentais, en termos de cultura e raza. Cando menos, hai algunhas fontes que defenden que o tuareg se define pola lingua, non pola súa etnicidade, e que se poden considerar así fundamentalmente falantes de tamaxeq negroafricanos e/ou do centro-leste do continente (e por extensión individuos de ascendencia tuareg que foron asimilados a varios países e non falan tamaxeq). Pode verse isto en [5]. Esta probablemente unha das razóns polas que varía tanto a estimación da cantidade de tuareg.

Notas editar

Notas editar

  1. Lewis, M. Paul (ed.), 2009. Ethnologue: Languages of the World, Sixteenth edition. Dallas, Tex.: SIL International. Online version: http://www.ethnologue.com/.
  2. "The World Factbook". Central Intelligence Agency. Arquivado dende o orixinal o 24 de abril de 2020. Consultado o 8 de outubro de 2016. , Niger: 11% of 18.6 million
  3. Pascal James Imperato; Gavin H. Imperato (2008). Scarecrow, ed. Historical Dictionary of Mali. p. lxxvii. ISBN 978-0-8108-6402-3. , Tuarag: 3% [of total Mali's 17.1 million population]
  4. https://joshuaproject.net/people_groups/15607/UV
  5. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para tuareg.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Hélène Claudot-Hawad, Touaregs. Apprivoiser le désert, París : Gallimard, 2002. (Collection Découvertes Gallimard ; Cultures et société ; n° 418).
  • Dominique Casajus, Gens de parole. Langage, poésie et politique en pays touareg, París : La Découverte, 2000.
  • Henri Duveyrier, L’exploration du Sahara. Les Touaregs du Nord. París 1864.
  • Paul Pandolfi, Les Touaregs de l’Ahaggar. Sahara algérien, París : Karthala, 1998.
  • Bibliografía completa na web Temoust, por Anne Saint Girons [6]

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar