Tsui Hark

produtor, guionista e director chinés

Tsui Hark (徐克 | cantonés: Chui Hak | mandarín: Xú Kè ), nado en Vietnam o 15 de febreiro de 1950, é un produtor, guionista e director chinés.

Infotaula de personaTsui Hark

(2011) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento15 de febreiro de 1951 Editar o valor em Wikidata (73 anos)
Cidade Ho Chi Minh Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeRepública Popular da China
Vietnam Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Texas en Austin Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióndirector de cinema , actor de cinema , actor de televisión , actor , produtor de cinema , guionista , produtor Editar o valor em Wikidata
MovementoHong Kong New Wave (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua vietnamita e lingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeNansun Shi (1996–2014)
Premios

IMDB: nm0007139 Allocine: 8900 Allmovie: p93443
Musicbrainz: 740d5401-ba0b-4900-bd9d-72d3c3e5680c Discogs: 101994 Editar o valor em Wikidata
Tsui Hark

Biografía editar

En 1966, aos dezaseis anos Tsui Man Kong (徐文光) trasladouse a Hong Kong para completar a súa educación secundaria, e posteriormente a Texas (Estados Unidos) a estudar cinematografía. En Nova York traballou como editor dun periódico local e director de documentais para televisión. Con esta experiencia volveu a Hong Kong para traballar como produtor e director televisivo, destacando na serie de TV de 1978 Gold Dagger Romance, baseada na novela de Ku Lung. Ao ano seguinte debutou como director cinematográfico con The Butterfly Murders. O seu primeiro éxito internacional foi Zu, guerreiros da montaña máxica (1983), que lle proporcionará o apoio necesario para fundar xunto coa súa esposa Nanshun Shi a súa propia compañía produtora, Film Workshop, para financiar as súas propias películas e proxectos doutros directores como John Woo ou Tony Ching, que terán un grande éxito comercial. Sempre atraído polo xénero fantástico, en 1986 creou o seu propio estudio de efectos visuais, Cinefex Workshop. En 1991 obtivo o Hong Kong Film Award ao mellor director por Era unha vez en China, que xerará varias secuelas e unha serie de TV até 1996; en 2000 foi galardoada no Festival de Venecia O tempo non espera e en 2006 a Asociación de Críticos de Cine de Hong Kong premiou Sete espadas como película de mérito.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar