True Blood é unha serie de televisión estadounidense creada e producida por Alan Ball baseada nas novelas da serie The Southern Vampire Mysteries da escritora Charlaine Harris. Comezou a emitirse o 7 de setembro de 2008 na canle de pago HBO. A segunda tempada comezou o 14 de xuño de 2009 e está prevista unha terceira tempada.

Anna Paquin é protagonista de True Blood

Argumento editar

True Blood, que mestura drama e horror, narra a coexistencia de vampiros e humanos en Bon Temps, unha vila ficticia de Luisiana. Por mor do sangue artificial creado no Xapón os vampiros poden deixar o mundo das tebras e integrase na sociedade. A protagonista Sookie Stackhouse (Anna Paquin), é unha camareira con poderes telepáticos que se namora do vampiro Bill Compton (Stephen Moyer). Outros personaxes destacados é o irmán de Sookie, Jason (Ryan Kwanten), e os seus amigos Sam (Sam Trammell) e Tara (Rutina Wesley).