Tronco (anatomía)

parte central do corpo de varios animais

En anatomía, o tronco ou torso é a parte central do corpo de varios animais (incluíndo o ser humano), de onde se proxectan a cabeza e os membros (superiores e inferiores ou, nos cuadrúpedes, anteriores e posteriores). Está subdividido na caixa torácica (ou tórax) e no abdome. Estas dúas partes (que internamente son a cavidade torácica e a cavidade abdominal) están separadas por un músculo, en forma de bóveda, chamado diafragma.

Tronco dun home (Gray's Anatomy).

Partes do tronco editar

Tanto desde un punto de vista topográfico como funcional, o esqueleto do tronco organízase en columna vertebral, tórax e pelve:

Eixe fundamental do corpo, central e posterior.
O tórax é a parte superior (ou anterior) do tronco, trátase dunha caixa elástica que vai da base do pescozo até o diafragma. A cavidade torácica alberga a maior parte do sistema respiratorio e o corazón, protexidos por unha armazón ósea que une o esterno á columna vertebral a través das costelas. Esta estrutura modifícase durante os movementos respiratorios grazas á acción dos músculos intercostais e do diafragma.
O tórax está formado por:
  1. A porción dorsal da columna vertebral, por detrás.
  2. O esterno, diante e arriba, no centro.
  3. As costelas, por detrás, diante e aos lados.
Especie de receptáculo na parte inferior do tronco conformado por:
  1. Os coxais
  2. O sacro
  3. O cóccix
Os coxais da pelve son ademais a cintura pelviana que fixa os membros inferiores ao tronco, mentres que sacro e cóccix son o final da columna vertebral.
Entre a pelve e o tórax encóntrase no individuo vivo o abdome, de paredes esencialmente musculares. Ao contrario da caixa torácica, o abdome non ten unha estrutura ósea, mais os órganos dos sistemas referidos están protexidos por un complexo de tecidos, entre os cales o máis importante é o peritoneo e varias camadas de músculos.

O tronco alberga os órganos do aparello cardiopulmonar (o corazón, os pulmóns e os grandes vasos), o mesmo que os órganos responsábeis da dixestión (o estómago, e o intestino) e as súas glándulas anexas (o fígado e o páncreas). Así mesmo, contén o aparello urinario (os riles e a vexiga) e o aparello reprodutor feminino (o útero, os ovarios e as trompas de Falopio).

Os límites son:

  • Na parte superior. O plano do pescozo que forman os anacronios (dereito e esquerdo), o punto supraesternal e o punto da vértebra prominente ou espiñal.
  • Na parte inferior. O plano das extremidades inferiores formado polo suco subglúteo e a parte máis baixa dos xenitais externos
  • Aos lados. Sepárao das extremidades inferiores os planos que forman os anacronios, e os vértices internos da pirámide, formada á súa vez polo anacronio (vértice superior), o brazo (cara externa), o tórax (cara interna), a omoplata (cara posterior) e o peitoral (cara anterior).

O límite tóracoabdominal está formado polo plano que pasa pola apófise xifoide do esterno, a apófise espiñosa da 12D, e as arcadas costais.