Trompeta con pregamentos

A trompeta con pregamentos (Craterellus tubaeformis, anteriormente coñecida coma Cantharellus tubaeformis), é un cogomelo basidiomiceto da familia Cantharellaceae. Son fungos comestibles, que se consomen frescos ou secos.

Descrición editar

Son fungos de forma circular, tubular ou de funil, a miúdo atravesados por un furado que chega ata ó pé, de entre 2 e 6 (ás veces 10) cm. de alto. O sombreiro, que mide entre 1 e 7 cm. é convexo nos exemplares máis novos pero deprímese rapidamente. A coloración varía entre o castaño e o amarelo con tons agrisados. A beira do sombreiro é enrolada nos exemplares máis novos a sinuosa nos que teñen máis tempo. O pé, amarelo vivo, é relativamente longo e fino, flexible e oco. Non teñen lamelas na parte inferior do sombreiro, pero uns pregos gris prateados recorren lonxitudinalmente o pé. As esporas son abrancazadas.

 
Trompeta con pregamentos.

Hábitat editar

Son fungos propios de bosques caducifolios ou de coníferas de chans ácidos.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Bibliografía editar

  • Régis Courtecuisse, Bernard Duhem : Guide des champignons de France et d’Europe (Delachaux & Niestlé, 1994-2000).