Trolljegeren

filme de 2010 dirixido por André Øvredal

Trolljegeren é un filme noruegués escrito e dirixido por André Øvredal que se estreou no 2010.

Trolljegeren
Ficha técnica
Título orixinalTrolljegeren
DirectorAndré Øvredal
ProdutorJohn M. Jacobsen
Sveinung Golimo
GuiónAndré Øvredal
IntérpretesOtto Jespersen
Hans Morten Hansen
Tomas Alf Larsen
Johanna Mørck
Knut Nærum
Robert Stoltenberg
Glenn Erland Tosterud
FotografíaHallvard Bræin
MontaxePer-Erik Eriksen
EstudioFilmkameratene A/S
Film Fund FUZZ
DistribuidoraSF Norge A/S (Noruega)
Magnet Releasing (USA)
Estrea2010
Duración103 minutos
OrixeNoruega Noruega
XéneroFantástico
OrzamentoNOK 19 000 000
$3 500 000[1]
RecadaciónNOK 24 000 000
$4 159 678
Na rede
http://www.trollhunterfilm.com/
IMDB: tt1740707 Filmaffinity: 363263 Allocine: 189553 Rottentomatoes: m/trollhunter Mojo: trollhunter Allmovie: v528378 TCM: 826466 Metacritic: movie/trollhunter TV.com: movies/trollhunter Netlix: 70170065Editar o valor em Wikidata

Sinopse editar

Falso documental que narra a historia dun grupo de estudantes que trata de destapar unha conspiración do goberno que implica a troles xigantes que viven en Noruega. O goberno noruegués estivo ocultando o feito de que existe unha poboación secreta de troles vivindo en cotos de caza na zona norte do país, manténdoos seguros e afastados da atención pública do lugar e a posibilidade de que se desate o pánico masivo se a xente descobre que estas criaturas son reais.

Personaxes editar

Galardóns e nomeamentos editar

  • 2011: Festival de Sitges: Sección oficial longametraxes a concurso.

Referencias culturais editar

 
A pintura "Soria Moria Castle" de Theodor Kittelsen

Trollhunter contén numerosas referencias á cultura de Noruega e ós seus contos populares. Entre as numerosas crenzas está a de que existen diferentes especies de troles, como os troles de montaña e os de bosque, que como se di no filme poden ser categorizados en subespecies. A máis coñecida delas é probablemente a do "Rei das Montañas", que é mencionada na obra de Edvard Grieg Peer Gynt. O nome noruegués para Rei das Montañas, «Dovregubbe», é unha palabra composta, e a primeira parte dela é a mesma palabra usada para chamar á serra Dovrefjell, que é tamén o lugar onde se atopan o trol xigantesco.

No filme tamén se inclúen outras descricións de troles do folclore noruegués, como o feito de que teñen rabo, que poden ter múltiples cabezas, que poden cheirar o sangue dos cristiáns e que comen rochas pero tamén poden comer homes. Os troles son descritos como grandes, vellos, fortes, pero tamén lentos e parvos. Tórnanse pedra ó entrar en contacto coa luz solar. Este último é un dato destacado no filme, xa que o cazador de troles utiliza luz ultravioleta para matar os troles. Con todo, o cazador tamén di que non todo o que se di nos contos sobre os troles é verdade.

 
Trol por Theodor Kittelsen
 
Trol pintado por John Bauer

O filme tamén ten numerosas referencias específicas ós contos de fadas. Por exemplo, ó conto Boots Who Ate a Match With the Troll cando o cámara pregunta sobre un concurso de comer, e ó conto Three Billy Goats Gruff cando o cazador tenta emboscar ó trol debaixo da ponte. O conto de fadas Soria Moria Castle é un dos contos que di que os troles poden cheirar o sangue dun home cristián. Unha pintura de Theodor Kittelsen baseada no mesmo conto tamén é utilizado como un pano de fondo dunha das viaxes que fan na película. O aspecto físico dos troles está influído por artistas como Theodor Kittelsen e John Bauer.[2]

Como reflexo de como os estudantes responden ós cazador, só unha pequena fracción dos noruegueses se consideran relixiosos ou van á Igrexa con regularidade,[3] mesmo tendo en conta que a maioría da poboación é membro da igrexa do estado.[4]

O filme tamén amosa o conflito cotián entre os granxeiros e os depredadores salvaxes que ameazan o seu gando, e a limitada capacidade para reaccionar sen crebar as leis de protección da vida salvaxe.[5] No filme, estes depredadores levan a culpa polas accións dos troles. Do mesmo xeito, existen conflitos que xorden cando novas liñas de electricidade deben ser feitas a través da paisaxe.[6]

Cun elenco inzado de actores cómicos que son moi coñecidos pola audiencia norueguesa, como Otto Jespersen, o ton do filme cambia debido a este feito, restándolle dramatismo. Robert Stoltenberg interpreta o cazador polaco e fai a escena menos grave, e tamén recrea os estereotipos que a maioría dos noruegueses teñen dos inmigrantes de Polonia,[7] como son o seu pobre dominio do noruegués ou do inglés, que fan o que se lles pide sen facer preguntas,[8] que fan o traballo que os noruegueses non queren facer,[9] e que é relativamente frecuente que traballen mal pagados ou condicións non legais.[10][11]

Notas editar

  1. BoxOfficeMojo.com
  2. "Know Your Trolls: A guide to troll science from the director of TrollHunter". io9. 5 de maio de 2011. 
  3. "Få nordmenn i kirken, men ikke færre enn før" (en Norwegian). 20 de xuño de 2011. Arquivado dende o orixinal o 25 de agosto de 2012. 
  4. "More participants at communion". Statistisk Sentralbyrå. 20 de xuño de 2011. 
  5. "Norsk Sau og Geit er skeptisk til rovdyrtapstall for sau". Nationen (en Norwegian). 27 de outubro de 2011. Arquivado dende o orixinal o 07 de agosto de 2012. 
  6. "Kampen fortsetter i Hardanger". NRK (en Norwegian). 26 de xuño de 2011. 
  7. "Immigrants and Norwegian-born to immigrant parents". Statistisk Sentralbyrå. 28 de abril de 2011. Arquivado dende o orixinal o 14 de novembro de 2011. 
  8. "– Norskundervisning er ikke nok for å unngå arbeidsulykker" [Language classes are not enough to avoid work accidents]. NRK (en Norwegian). 6 de decembro de 2011. 
  9. "- Det eksisterer ikke polakkarbeid, bare arbeid" [- There is no such thing as Polish work, only work]. E24 (en Norwegian). 8 de decembro de 2011. 
  10. "Polakker på samlebånd" [Polish on assembly lines]. Dagbladet debatt (en Norwegian). 20 de xuño de 2011. 
  11. "Innleide firma bryter loven". Aftenbladet (en Norwegian). 27 de setembro de 2011. Arquivado dende o orixinal o 29 de abril de 2012. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar