Tripla Alianza (1668)


Inglaterra Imperio Sueco Provincias Unidas dos Países Baixos

A Tripla Alianza de 1668 foi unha coalición formada por Inglaterra, Suecia e as Provincias Unidas dos Países Baixos para deter a expansión francesa baixo o reinado de Lois XIV que se estaba producindo na Guerra de Devolución.

A alianza nunca chegou a combater con armas a Francia, posto que a súa formación foi unha ameaza suficiente para que Lois XIV detivese o seu ataque e asinase o tratado de Aquisgrán.

A Tripla Alianza foi concertada o 23 de xaneiro de 1668 na Haia.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar