A edición 2011 do torneo das Tres Nacións de rugby foi a 16ª na que se enfrontaron as seleccións de Nova Zelandia, Suráfrica e Australia. Este foi o derradeiro ano no que o torneo ten este nome, xa que en 2012 a selección de Arxentina comezou a disputar o campionato, pasando a chamarse The Rugby Championship.

Formato editar

Nesta edición o formato da competición foi mais curto por mor da Copa do Mundo de Rugby 2011 que se celebrará en setembro e outubro en Nova Zelandia, e no cal participarán as 3 seleccións. Así pois, en total foron 6 os partidos que se xogaron. Cada equipo xogou 2 partidos en casa e 2 fora, un con cada equipo restante. O encontro que abriu esta edición 2011 do Tri Nations foi o Australia - Suráfrica que se xogou o 23 de xullo, 2 semanas despois do remate da edición 2011 do Super Rugby, e o derradeiro encontro foi o Australia - Nova Zelandia que se xogou o 27 de agosto, 2 semanas antes do comezo da Copa do Mundo de Rugby 2011.

Resultados e clasificación editar

O campión da edición 2011 do Tri Nations foi a Selección de rugby de Australia  .

Notas editar

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar