Treixadura é unha clase de uva branca, autóctona de Galicia, de gran calidade e resistente ás enfermidades. É unha uva alongada, dura e moi doce que se traduce en viños lixeiros, finos e cítricos. Frecuentemente utilizada nos viños da denominación de Orixe O Ribeiro e Rías Baixas (subzona Condado).

Acios de uva treixadura.

De pequeno tamaño e forma esférica, con pel grosa de cor amarela semellante á palla, brillante e irisacións douradas e verdes, en acios pequenos que agroman cedo e teñen unha maduración precoz; é a nosa caste máis resistente á botrite. De alto nivel de azucre e acidez, entre os seus aromas diferenciais destaca o pexego[1].

Etimoloxía editar

Non se coñece con seguridade a súa orixe, para a que se suxire que estea relacionada con treixa, tomada dunha suposta forma latina *tragella ‘rede’[2].

Notas editar

  1. Sobre as castes de uva no Portal das Palabras da RAG.
  2. Etimoloxía no Portal das Palabras para treixadura. Consultado o 25 de setembro de 2016.