Treasure é o terceiro álbum de estudio da banda escocesa de rock alternativo Cocteau Twins, publicado o 1 de novembro de 1984 a través do selo 4AD. Con este traballo o grupo estableceu a que sería a partir de entón a súa formación principal: a vocalista Elizabeth Fraser, o guitarrista Robin Guthrie e o baixista Simon Raymonde. Esta nova formación tamén coincidiu co desenvolvemento do son etéreo[1] asociado á música da banda.[2]

Treasure
Álbum de Cocteau Twins
Publicado1 de novembro de 1984
Gravaciónagosto-setembeor de 1984
Estudio(s)Palladium Studios en Edinburgo, Rooster en Londres
Duración41:19
Xénero(s)dream pop
Selo(s)4AD
Producido porCocteau Twins
Cronoloxía
The Spangle Maker
(1984)
Treasure Aikea-Guinea
(1985)

O disco chegou ao número 29 da lista británica de álbums, converténdose no seu primeiro no top 40 do país, estando nelas durante oito semanas.[3] Tamén se converteu nun dos traballos da banda mellor considerados pola crítica, aínda que a banda considerábao subdesenvolvido.[4]

Listaxe de cancións editar

Tódolos temas escritos e compostos por Cocteau Twins (Elizabeth Fraser, Robin Guthrie e Simon Raymonde). 

Cara A
N.º Título Duración
1. "Ivo"   3:53
2. "Lorelei"   3:43
3. "Beatrix"   3:11
4. "Persephone"   4:20
5. "Pandora (for Cindy)"   5:35
Cara B
N.º Título Duración
1. "Amelia"   3:31
2. "Aloysius"   3:26
3. "Cicely"   3:29
4. "Otterley"   4:04
5. "Donimo"   6:19

Notas editar

  1. "Cocteau Twins: The Complete Guide". Clash Magazine (en inglés). Consultado o 2019-10-25. 
  2. "Staff Lists: Top 100 Albums of the 1980s | Features | Pitchfork". web.archive.org. 2014-08-28. Archived from the original on 28 de agosto de 2014. Consultado o 2019-10-25. 
  3. "treasure | full Official Chart History | Official Charts Company". www.officialcharts.com (en inglés). Consultado o 2019-10-25. 
  4. "cocteau twins | official web site". cocteautwins.com. Consultado o 2019-10-25.