Travis Outlaw

baloncestista estadounidense

Travis Marquez Outlaw, nado o 18 de setembro de 1984 en Starkville, Mississippi, é un xogador americano de baloncesto profesional que é axente libre.

Travis Outlaw
Axente libre
Posición Ala / Ala-pivote
Liga NBA
Información persoal
Nacemento 18 de setembro de 1984 (39 anos)
Starkville, Mississippi
Nacionalidade Estados Unidos
Altura 2,06 m (6 ft 9 in)
Peso oficial 94 kg (207 lb)
Información da carreira
Instituto Starkville
NBA Draft 2003 / Rolda: 1 / Elección: 23
Por Portland Trail Blazers
Carreira dende 2003
Historial de equipos
Portland Trail Blazers (2003-2010)
Los Angeles Clippers (2010)
New Jersey Nets (2010-2011)
Sacramento Kings (2011-presente)
Sacramento Kings (2011-2014)
Información en nba.com

NBA editar

Entrou no Draft da NBA de 2003 directamente do instituto de Starkville, Mississippi, onde foi escollido na 23ª posición polos Portland Trail Blazers. Nos seus primeiros cinco anos na NBA, Outlaw fixo 8.6 puntos e 3.2 rebotes por partido, cun 44.2% en tiros de campo.

Na NBA Summer League de Las Vegas, Outlaw acadou 18.7 puntos e 6.3 rebotes en 35.5 minutos por partido.[1] Despois da liga de verán, moitos equipos ofreceron un traspaso por Outlaw a cambio dunha elección de primeira rolda. Pero nos Blazers quedaron co xogador, dicindo que ía estar con eles moito tempo.[2]

O 18 de abril de 2007, Outlaw conseguiu a maior marca de puntos na súa carreira, con 36, contra os Golden State Warriors.[3] Converteuse en axente libre restrinxido o 1 de xullo de 2007, e asinou o 17 de xullo unha extensión do seu contrato por 3 anos.[4]

En febreiro de 2010, os Trail Blazers traspasaron a Outlaw, xunto a Steve Blake e 1.5 millóns de dólares aos Los Angeles Clippers a cambio de Marcus Camby.[5]

O 8 de xullo de 2010, Outlaw asinou un contrato por 5 anos cun valor de 35 millóns de dólares cos New Jersey Nets.

Notas editar

  1. "Portland Trail Blazers 2005 VSL". Arquivado dende o orixinal o 14 de xullo de 2011. Consultado o 26 de xaneiro de 2009. 
  2. "Travis Outlaw biography". Arquivado dende o orixinal o 04 de febreiro de 2009. Consultado o 26 de xaneiro de 2009. 
  3. "Nelson, Warriors return to playoffs for first time since 1994". ESPN.com. 18 de abril de 2008. Consultado o 26 de xaneiro de 2009. 
  4. "Blazers re-sign Outlaw to three-year deal". OregonLive.com. 17 de xullo de 2007. Consultado o 26 de xaneiro de 2009. 
  5. Quick, Jason (16 de febreiro de 2010). "Blazers-Clipper trade: Deal for Marcus Camby completed, Kevin Pritchard says". The Oregonian. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar