Tratado de Madrid (1526)

O Tratado de Madrid foi un tratado asinado por España e Francia o 14 de xaneiro de 1526. Leva o nome da cidade na que foi asinado, onde se atopaba preso o rei de Francia, Francisco I dende a súa derrota na batalla de Pavia.

Termos do Tratado editar

  • Francia renuncia ás súas aspiracións políticas sobre Borgoña, Artois, Tournai, Flandres e o norte de Italia.
  • Francisco I de Francia comprometeríase a casar coa irmá do rei español, Leonor.
  • Dous dos fillos de Francisco vivirían en España como garantía do cumprimento do tratado.

Resolución do Tratado editar

Francisco I ó chegar a Francia denunciou o Tratado por consideralo asinado baixo coacción, xa que era refén do rei Carlos.