Coordenadas: 40°28′00″N 3°48′08″O / 40.46674, -3.802197

Transfesa é o acrónimo de Transportes Ferroviarios Especiales, S. A., compañía fundada en 1943 polos irmáns Fernández López, de Lugo, para transportar mercancías por ferrocarril en España.

Transfesa

Vagón de Transfesa.
TipoSociedade Anónima
Fundación1943
LocalizaciónComunidade de Madrid Madrid
FundadorIrmáns Fernández López
Persoas claveEmilio Fernández Fernández (presidente)
IndustriaTransporte por ferrocarril e estrada.
Beneficio221 millóns de euros (2011)
Número de empregados1.035[1]
Na rede
http://www.transfesa.es
editar datos en Wikidata ]

Historia editar

O primeiro tren transporta 4.500 cabezas de gando desde Cañaveral, en Estremadura até Barcelona e utiliza vagóns mercados á Alemaña Nazi pouco antes do bloqueo comercial entre ambos os dous países.

En 1949, os tráficos ferroviarios desta compañía incluíron tamén os cítricos dende o Levante, e en 1950 desenvolveron a tecnoloxía suficiente como para patentar un sistema de cambio de eixos e montar en Hendaia un intercambiador. Isto vai permitir resolver a diferenza de ancho de vía entre España e Francia sen ter que facer custosísimos transbordos das mercadorías na fronteira. Transfesa rompeu o illamento ferroviario español, de xeito que as mercadorías xa podían chegar ó seu destino en Francia, Alemaña e outros países europeos sen necesidade de facer transbordo, o que reducía até nunha semana a viaxe de produtos españois. O sistema de cambio de eixos, empregado hoxe en día por varias administracións ferroviarias, adiantouse nunha década á solución deseñada por Patentes Talgo, do eixe de rodadura desprazable. Nos anos cincuenta, Transfesa transporta toda sorte de mercadorías, incluíndo cementos e outros pulverulentos. En 1964 converteuse na primeira multinacional galega, con empresas filiais en Francia, Gran Bretaña, Suíza, Alemaña, Italia e Portugal e a primeira multinacional ferroviaria española.

Transfesa foi o berce dun conglomerado empresarial que abrangue sectores como o químico e a alimentación, con marcas como Pescanova, Zeltia, Frigolouro, Fontecelta e Corporación Noroeste, entre outras.

A maioría de capital galego permaneceu en Transfesa até 2007, cando Deutsche Bahn, a administración ferroviaria alemá, adquiriu o 51 % do capital da compañía.

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar