Traill
A illa Traill (en dinamarqués, Traill Ø) é unha grande illa ribeirega localizada en augas do mar de Groenlandia, fronte á costa nororiental de Groenlandia. Ten unha superficie de 3.452 km², que a converten na cuarta illa maior de Groenlandia -logo da propia illa principal de Groenlandia, da illa Disko e da Terra de Milne-.
Traill | |
---|---|
Situación | |
País | Dinamarca |
Territorio | Groenlandia |
Mar | Mar de Groenlandia (océano Ártico) |
Coordenadas | 72°33′N 23°35′O / 72.550, -23.583Coordenadas: 72°33′N 23°35′O / 72.550, -23.583 |
Xeografía | |
Superficie | 3.452 km² |
Longura máxima | 110 km. |
Largura máxima | 48 km. |
Punto máis alto | 1.884 m. sen nome |
Demografía | |
Poboación | Deshabitada |
Xeografía editar
A illa Traill atópase na costa nordés de Groenlandia, da que a separa, todo ao longo da súa costa occidental, o fiorde do rei Oscar (Kong Oscar), de varios quilómetros de anchura. Un entrante de mar máis estreito, a canle de Veiga (Veiga Sund) sepáraa ao norte da illa da Sociedade Xeográfica. Só a zona sueste está aberta ao mar de Groenlandia (océano Ártico), sangrada por un gran fiorde, o fiorde Montnorris, que penetra uns trinta quilómetros no sur da illa.
Cunha lonxitude duns 120 km en dirección noroeste-sueste e unha anchura máxima duns 50 km, culmina nun punto sen nomear a 1.884 m..
A illa Traill é parte do Parque Nacional do nordés de Groenlandia (que comprende toda a parte nordeste de Groenlandia).
Poboación editar
A illa de Traill está deshabitada.
Historia editar
A illa leva o nome do zoólogo escocés Thomas Stewart Traill (1781-1862).