Trahamunda

monxa galega da Alta Idade Media

Trahamunda foi unha monxa galega da Alta Idade Media. Naceu cara ao século VII no lugar de San Martiño, e tamén se a coñece como Atramunda ou Tramunda [1].

Infotaula de personaTrahamunda

Sepulcro de Trahamunda no convento de San Xoán de Poio.
Biografía
Nacementovalor descoñecido Editar o valor em Wikidata
Galicia Editar o valor em Wikidata
Mortevalor descoñecido Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaHispania Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmonxa Editar o valor em Wikidata
Período de actividade(Con vida en: século I Editar o valor em Wikidata)
Enaltecemento

Traxectoria editar

Vivía no convento de San Martiño da illa de Tambo (do que xa non quedan restos), de onde foi raptada xunto con outras monxas nunha incursión dos mouros, segundo algunhas fontes por Abd al-Rahman I, e segundo outras polo seu neto Abd ar-Rahman II. Levárona a Córdoba para formar parte do harén, pero ao se negar foi recluída en presidio durante once anos.

 
Escudo do concello de Poio

Segundo a lenda, o día 23 de xuño pediulle a Deus -ou ó mesmo San Xoán- poder estar en Poio o día seguinte, día de San Xoán. Un anxo deulle unha folla de palmeira, coa que viaxou até Galiza; posteriormente plantou a palma preto do mosteiro de Poio, onde xermolou e se mantivo até o século XVI. Outra versión di que, tras rezar a Deus para volver á súa terra, caeu sen sentido e cando acordou estaba deitada nos chanzos do cruceiro que hai fronte ó mosteiro, cunha folla de palmeira na man, seca; mesmo así, plantouna e arraigou de contado. No escudo de Poio figura a imaxe da palma milagreira.

Trahamunda volveu a ingresar no convento de San Martiño e morreu ó pouco. Foi enterrada alí pero en 1578 trasladárona ó mosteiro de Poio. O seu sepulcro, de estilo suevo-visigótico, consérvase na capela maior do convento.

É coñecida como a patroa da morriña e dos emigrantes, así como avogosa para dores de oídos. O seu día é o 14 de novembro.

Notas editar

  1. Vítor Vaqueiro, 478.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Crespo Pozo, J. S. (1943): Santa Trahamunda. Leyenda Sacra.
  • Placer, G. (1932): "Santa Trahamunda", artigo na revista Logos nº 19.
  • Trahamunda: a santa de Poio (Mosteiro de Poio, 1990).
  • VAQUEIRO, Vítor: Mitoloxía de Galiza. Lendas, tradicións, maxias, santos e milagres, Galaxia, Vigo 2011, 478-479.