Trachycarpus

xénero de plantas

Trachycarpus é un xénero con nove especies de plantas con flores pertencente á familia das palmeiras (Arecaceae). É orixinario de Asia dende o Himalaia ao leste da China.[1]

Palmeira de abano (Trachycarpus fortunei)

Distribución e hábitat editar

A distribución natural do xénero Trachycarpus son as rexións montañosas do norte da India, do Nepal, norte de Tailandia e a China. No seu hábitat natural, algunhas especies viven nos bosques das montañas até os 2500 metros sobre o nivel do mar, onde se atopan cubertos pola neve no inverno.

Trachycarpus fortunei, a palmeira de abano, é o representante da especie máis coñecida. Atópase a miúdo nos xardíns de Europa e é abundante nos parques do sur-oeste de Francia, España e tamén nos xardíns costeiros de Galiza, especialmente nas Rías Baixas. Atópase tamén brava na rexión montañosa de Tesino en Suíza, onde se reproduce e se propaga espontaneamente.

Descrición editar

O xénero Trachycarpus é dioico, teñen un tamaño medio e son especies moi resistentes. As follas son palmadas, resistentes, de cor verde escura a verde clara, ás veces azuladas.

O estípite de Trachycarpus acada unha altura que vai desde unhas poucas decenas de centímetros para Trachycarpus nanus a máis de doce metros de Trachycarpus takil. Pode atoparse nu coa idade, mais na maior parte de vida, ten unha camada, máis ou menos grosa, de fibras entrelazadas que forman unha pelaxe marrón.

Taxonomía editar

O xénero foi descrito por Hermann Wendland e publicado en Bulletin de la Société Botanique de France 8: 429. 1863.[2]

Etimoloxía

Trachycarpus: nome xenérico que deriva das verbas gregas: trachus = "áspero" e karpos = "froita", en referencia á froita de forma irregular.[3]

Especies editar

Notas editar

  1. "Trachycarpus". Royal Botanic Gardens, Kew: World Checklist of Selected Plant Families. Consultado o 13 de agosto de 2009. 
  2. "Trachycarpus". Tropicos.org. Missouri Botanical Garden. Consultado o 25 de agosto de 2013. 
  3. ( J. Dransfield, N. Uhl, C. Asmussen, WJ Baker, M. Harley e C. Lewis 2008. )

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Bibliografía editar

  1. Idárraga-Piedrahita, A., R. D. C. Ortiz, R. Callejas Posada & M. Merello. (eds.) 2011. Fl. Antioquia: Cat. 2: 9–939. Universidad de Antioquia, Medellín.
  2. Nasir, E. & S. I. Ali (eds). 1980-2005. Fl. Pakistan Univ. of Karachi, Karachi.
  3. Flora of China Editorial Committee. 2010. Flora of China (Acoraceae through Cyperaceae). 23: 1–515. In C. Y. Wu, P. H. Raven & D. Y. Hong (eds.) Fl. China. Science Press & Missouri Botanical Garden Press, Beijing & St. Louis

Ligazóns externas editar