Tráfico dun sitio web

O tráfico dun sitio web, ou análise web (en inglés Web analytic) é un conxunto de técnicas relacionadas coa análise de datos relativos ao tráfico nun sitio web co obxectivo de entender o seu tráfico como punto de partida para optimizar diversos aspectos do mesmo.

Existen dúas categorías de análise web: off-site e on-site.

As análises web off-site fan referencia a medicións web e análises independentes de se se é o dono do sitio web ou se lle dá mantemento. Isto comprende a medición da audiencia potencial (oportunidade), participación de voz (visibilidade) e zunidos (comentarios) sobre o que está pasando en Internet como un todo.

As análises web on-site miden a rota dun visitante unha vez que ingresa a un sitio de Internet de propiedade da persoa que realiza a análise. Isto inclúe conversións; por exemplo que páxinas de chegada alentan ás persoas a facer unha compra. As medicións do tráfico dun sitio web on-site comparan indicadores de desempeño clave e o usan para mellorar un sitio web ou a resposta da audiencia fronte a unha campaña de mercadeo.

Historicamente, a análise web fixo referencia á medición de visitantes on-site. Porén, en anos recentes produciuse a converxencia de ambos os aspectos, principalmente debido a que os vendedores están producindo ferramentas que abarquen ambas as categorías.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar


 
 Este artigo sobre informática é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.