Tour de Francia 2003

O Tour de Francia 2003 foi a 90ª edición da carreira ciclista máis importante do mundo. O seu percorrido comezou o 5 de xullo e rematou o 27 de xullo na mesma cidade de París.

Modelo:Competición deportivaTour de Francia 2003
Imaxe
TipoTour de Francia Editar o valor em Wikidata
Deporteciclismo en ruta Editar o valor em Wikidata
Distancia do evento3.426 km Editar o valor em Wikidata
Lugar de saídaParís Editar o valor em Wikidata
Liña de metaParís Editar o valor em Wikidata
Número de participantes198, inicio
147, final Editar o valor em Wikidata
Participantes
Localización  e  Datas
PaísFrancia e España Editar o valor em Wikidata
Intervalo de tempo5 de xullo de 2003 – 27 de xullo de 2003 Editar o valor em Wikidata
Número de edición90 Editar o valor em Wikidata
Competición

Gañador da clasificación xeral non outorgadodeclarado deserto
Segundo da clasificación xeral Jan Ullrich
Terceiro da clasificación xeral Alexander Vinocurov
Gañador da clasificación por puntos Baden Cooke
Gañador da clasificación da montaña Richard Virenque
Vencedor da classificação dos jovens Denis Menchov
Vencedora da classificação por equipas CSC 2003
Editar o valor em Wikidata
Outro
Páxina web oficialletour.com… Editar o valor em Wikidata

2002 Editar o valor em Wikidata
2004 Editar o valor em Wikidata

Nesta edición tomaron a saída 22 equipos, formados por 9 corredores cada un, de xeito que o número de participantes total foi de 198, do cales remataron a carreira 147. Non obstante, algúns dos ciclistas que conseguiron completar o percorrido completo da proba, foron posteriormente descalificados por motivos de dopaxe, como foi o caso do gañador, Lance Armstrong. Entre o pelotón houbo tan só un representante galego, o redondelán Marcos Serrano, do equipo ONCE-Eroski, que correu co dorsal 18 e rematou a proba na 68ª posición

O Tour 2003 presentábase como un man a man entre os 3 corredores que dominaran o podio nas últimas edicións, é dicir, Lance Armstrong, Jan Ullrich e Joseba Beloki, coa presenza doutros candidatos a ocupar un posto no podio, como Alexander Vinocurov, Roberto Heras, Iban Mayo ou Gilberto Simoni, algún dos cales non estivo á altura do que se agardaba del.

A primeira semana de carreira foi intrascendente, cunha prólogo individual, varias etapas chas nas que se chegou ó sprint, e unha contra o reloxo por equipos. Co comezo da segunda semana chegaron os Alpes. Na primeira etapa de montaña gañou o escalador francés Richard Virenque, que colleu o liderado da carreira. Non obstante ese primeiro posto só lle durou un día, pois na segunda etapa, con meta en Alpe d'Huez, o americano Lance Armstrong púxose o maillot amarelo. A terceira etapa alpina sería a que marcaría ese Tour. Nela Joseba Beloki sufriu unha grave caída cando atacaba ó líder da carreira, quedando moi ferido, e sendo levado a un hospital. O resto daquel Tour foi un man a man entre Lance Armstrong e Jan Ullrich (o alemán gañou a contra o reloxo de 47 quilómetros da 12ª etapa mentres que o americano gañou a etapa pirenaica de Luz Ardiden na 15ª etapa), chegando a París con tan só un minuto e un segundo de diferenza dun sobre o outro. Con aquela vitoria, o americano acadaba o seu quinto Tour de Francia, e igualaba no máis alto do palmarés a Jacques Anquetil, Eddy Merckx, Bernard Hinault e Miguel Indurain. Pasarían 9 anos ata que a UCI tomase a decisión de sancionar ó ciclista texano retirándolle tódalas súas vitorias, e polo tanto tamén esta, incluídas as vitorias de etapa.

Etapas editar

Etapa Data Percorrido Km Gañador Líder
Prólogo 5 de xullo París-París 6,5 (CRI)   Bradley McGee   Bradley McGee
1.ª 6 de xullo Saint Denis-Meaux 168   Alessandro Petacchi   Bradley McGee
2.ª 7 de xullo La Ferté sous Jouarre-Sedan 204,5   Baden Cooke   Bradley McGee
3.ª 8 de xullo Charleville Mézières-Saint Dizier 167,5   Alessandro Petacchi   Jean-Patrick Nazon
4.ª 9 de xullo Joinville-Saint Dizier 69 (CRE)   US Postal   Víctor Hugo Peña
5.ª 10 de xullo Troyes-Nevers 196,5   Alessandro Petacchi   Víctor Hugo Peña
6.ª 11 de xullo Nevers-Lión 230   Alessandro Petacchi   Víctor Hugo Peña
7.ª 12 de xullo Lión-Morzine 230,5   Richard Virenque   Richard Virenque
8.ª 13 de xullo Sallanches-Alpe d'Huez 219   Iban Mayo  Lance Armstrong
9.ª 14 de xullo Le Bourg d'Oisans-Gap 184,5   Alexander Vinocurov  Lance Armstrong
10.ª 15 de xullo Gap-Marsella 219,5   Jakob Piil  Lance Armstrong
11.ª 17 de xullo Narbona-Tolosa 153,5   Juan Antonio Flecha  Lance Armstrong
12.ª 18 de xullo Gaillac-Cap découverte 47 (CRI)   Jan Ullrich  Lance Armstrong
13.ª 19 de xullo Tolosa-Ax 3 Domaines 197,5   Carlos Sastre  Lance Armstrong
14.ª 20 de xullo Saint Girons-Loudenvielle 191,5   Gilberto Simoni  Lance Armstrong
15.ª 21 de xullo Bagnères-de-Bigorre-Luz Ardiden 159,5  Lance Armstrong Sen gañador  Lance Armstrong
16ª 23 de xullo Pau-Baiona 197,5   Tyler Hamilton  Lance Armstrong
17.ª 24 de xullo Dax-Bordeos 181   Servais Knaven  Lance Armstrong
18.ª 25 de xullo Bordeos-Saint Maixent-'École 203,5   Pablo Lastras  Lance Armstrong
19.ª 26 de xullo Pornic-Nantes 49 (CRI)   David Millar  Lance Armstrong
20.ª 27 de xullo Ville d'Avray-París 152   Jean-Patrick Nazon  Lance Armstrong
  • CRI - Contra o reloxo individual. CRE - Contra o reloxo por equipos.

Clasificación xeral editar

Así quedaron as primeiras posicións da clasificación xeral do Tour de Francia 2003 trala disputa da proba e trala descualificación de Lance Armstrong por parte da UCI en 2012.

 
Lance Armstrong co maillot amarelo tras a etapa de Alpe d'Huez.
Posición Ciclista Equipo Tempo
  Vacante - -
Desc.   Lance Armstrong US Postal 83h 41' 12"
2   Jan Ullrich Bianchi + 1' 01"
3   Alexander Vinocurov Deutsche Telekom + 4' 14"
4   Tyler Hamilton CSC + 6' 17"
5   Haimar Zubeldia Euskaltel-Euskadi + 6' 51"
6   Iban Mayo Euskaltel-Euskadi + 7' 06"
7   Ivan Basso Fassa Bortolo + 10' 12"
8   Christophe Moreau Credit Agricole + 12' 28"
9   Carlos Sastre CSC + 18' 49"
10   Francisco Mancebo iBanesto.com + 19' 15"
68   Marcos Serrano ONCE-Eroski + 2h 07' 26"
  • Desc. - Descalificados.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar