Tour de Francia 1974

O Tour de Francia 1974 foi a 61ª edición da carreira ciclista máis importante do mundo. O percorrido de 4098 quilómetros comezou o 27 de xuño na cidade bretoa de Brest, e rematou o 21 de xullo no Velódromo de Vincennes de París, pasando por un total de catro estados diferentes: Francia, Bélxica, Reino Unido e España.

Modelo:Competición deportivaTour de Francia 1974
Mapa de localización
TipoTour de Francia Editar o valor em Wikidata
Deporteciclismo en ruta Editar o valor em Wikidata
Parte de1974 Super Prestige Pernod (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Distancia do evento4.098 km Editar o valor em Wikidata
Lugar de saídaBrest Editar o valor em Wikidata
Liña de metaParís Editar o valor em Wikidata
Número de participantes130, inicio
105, final Editar o valor em Wikidata
Participantes
Localización  e  Datas
PaísFrancia, Reino Unido, Bélxica, España e Andorra Editar o valor em Wikidata
Intervalo de tempo27 de xuño de 1974 – 21 de xullo de 1974 Editar o valor em Wikidata
Número de edición61 Editar o valor em Wikidata
Competición

Gañador da clasificación xeral Eddy Merckx
Segundo da clasificación xeral Raymond Poulidor
Terceiro da clasificación xeral Vicente López Carril
Gañador da clasificación por puntos Patrick Sercu
Gañador da clasificación da montaña Domingo Perurena
Winner of the combination classification Eddy Merckx
Winner of the most combative rider Eddy Merckx
Vencedora da classificação por equipas Kas-Kaskol 1974
Gañador da clasificación de equipos por puntos Gan-Mercier-Hutchinson 1974
Gañador da clasificación das metas volantes Barry Hoban
Editar o valor em Wikidata

Na carreira participaron 13 equipos, con 10 corredores por equipo, para un total de 130 corredores, dos cales remataron 105. As ausencias mais salientables eran o vixente gañador Luis Ocaña, o recente gañador da Vuelta a España José Manuel Fuente, o italiano Felice Gimondi e o neerlandés Joop Zoetemelk. Entre as presenzas máis importantes estaban Bernard Thévenet, Raymond Poulidor, Lucien Van Impe, Roger Pingeon, e sobre todo o recente gañador do Giro de Italia, o belga Eddy Merckx, que xa tiña 4 Tours no seu palmarés.

Vicente López Carril, do equipo KAS, presentouse como o único representante galego na carreira, cunha moi salientable participación, pois foi quen de acadar o 3º posto final na clasificación xeral, perdendo o 2º posto tan só na penúltima etapa contra o reloxo. Tamén acadou unha vitoria na 11ª tirada,[1] unha etapa alpina que remataba en Serre Chevalier, sacándolle 54 segundos a Eddy Merckx.[2]

Eddy Merckx levou posto o maillot amarelo en 17 das 22 etapas, facéndose con 8 vitorias parciais e co seu 5º Tour de Francia. Domingo Perurena acadou a vitoria na clasificación da montaña, e Patrick Sercu na clasificación por puntos. En ámbalas dúas clasificacións, Eddy Merckx ocupou o segundo posto.

Etapas editar

 
A estación de esquí de Serre Chevalier presenciou a vitoria de Vicente López Carril na 11ª etapa.
Etapa Data Percorrido km Gañador Líder
Prólogo 27 de xuño Brest 7,1 (CRI)   Eddy Merckx   Eddy Merckx
1.ª 28 de xuño Brest - Saint-Pol-de-Léon 144   Ercole Gualazzini   Joseph Bruyère
2.ª 29 de xuño   Plymouth -   Plymouth 163,7   Henk Poppe   Joseph Bruyère
3.ª 30 de xuño Morlaix - Saint-Malo 190   Patrick Sercu   Joseph Bruyère
4.ª 1 de xullo Saint-Malo - Caen 184.5   Patrick Sercu   Eddy Merckx
5.ª 2 de xullo Caen - Dieppe 165   Ronald De Witte   Gerben Karstens
6.ª (1) 3 de xullo Dieppe -   Harelbeke 239   Jean-Luc Molinéris   Patrick Sercu
6.ª (2) 3 de xullo   Harelbeke -   Harelbeke 9 (CRE)   Equipo Molteni   Gerben Karstens
7.ª 4 de xullo   Mons - Châlons-sur-Marne 221.5   Eddy Merckx   Eddy Merckx
8.ª (1) 5 de xullo Châlon-sur-Marne - Chaumont 136   Cyrille Guimard   Eddy Merckx
8.ª (2) 5 de xullo Chaumont - Besançon 152   Patrick Sercu   Eddy Merckx
9.ª 6 de xullo Besançon - Gaillard 241   Eddy Merckx   Eddy Merckx
10.ª 7 de xullo Gaillard - Aix-les-Bains 131,5   Eddy Merckx   Eddy Merckx
11.ª 8 de xullo Aix-les-Bains - Serre Chevalier 199   Vicente López Carril   Eddy Merckx
12.ª 10 de xullo Savines-le-Lac - Orange 231   Jozef Spruyt   Eddy Merckx
13.ª 11 de xullo Avignon - Montpellier 126   Barry Hoban   Eddy Merckx
14.ª 12 de xullo Lodève - Colomiers 248.5   Jean-Pierre Genet   Eddy Merckx
15.ª 13 de xullo Colomiers -   La Seu d'Urgell 225   Eddy Merckx   Eddy Merckx
16.ª 14 de xullo   La Seu d'Urgell - Pla d'Adet 209   Raymond Poulidor   Eddy Merckx
17.ª 15 de xullo Saint-Lary-Soulan - Col du Tourmalet 119   Jean-Pierre Danguillaume   Eddy Merckx
18.ª 16 de xullo Bagnères-de-Bigorre - Pau 141.5   Jean-Pierre Danguillaume   Eddy Merckx
19.ª (1) 17 de xullo Pau - Bordeos 195.5   Francis Campaner   Eddy Merckx
19.ª (2) 18 de xullo Bordeos - Bordeos 12.4 (CRI)   Eddy Merckx   Eddy Merckx
20.ª 19 de xullo Saint-Gilles-Croix-de-Vie - Nantes 117   Gérard Vianen   Eddy Merckx
21.ª (1) 20 de xullo Vouvray - Orleáns 112.5   Eddy Merckx   Eddy Merckx
21.ª (2) 20 de xullo Orleáns - Orleáns 37.5 (CRI)   Michel Pollentier   Eddy Merckx
22.ª 21 de xullo Orleáns - París 146   Eddy Merckx   Eddy Merckx
  • CRI - Contra o reloxo individual. CRE - Contra o reloxo por equipos.

Clasificación final editar

Eddy Merckx acadou o seu 5º Tour de Francia, igualando a cifra récord de 5 Tours acadada 10 anos antes polo francés Jacques Anquetil. Os 10 primeiros postos da clasificación xeral do Tour de Francia 1974 quedou do seguinte xeito:

 
Eddy Merckx en 1974.
Posición Ciclista Equipo Tempo
    Eddy Merckx Molteni 116h 16' 58"
2   Raymond Poulidor Gan-Mercier + 8' 04"
3   Vicente López Carril KAS + 8' 09"
4   Wladimiro Panizza Brooklyn + 10' 59"
5   Gonzalo Aja KAS + 11' 24"
6   Joaquim Agostinho Bic + 14' 24″
7   Michel Pollentier Carpentier + 16' 34″
8   Mariano Martínez Sonolor + 18' 33″
9   Alain Santy Gan-Mercier + 19' 55″
10   Herman Van Springel Mic + 24' 11″

O resultado final do Tour de Francia 1974 supuxo o primeiro podio dun ciclista galego na historia da carreira mais importante do mundo.

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar

Outros artigos editar