O touciño (Gl-touciño.ogg pronunciación ) ou lardo é a graxa que ten o porco debaixo da pel, particularmente a do abdome e a do lombo.[1] O sinónimo lardo úsase especialmente para referirse ao touciño do xamón.[2]

Touciño (arriba) e touciño entrefebrado (debaixo).
Touciño entrefebrado (beicon).

É un produto cárnico que comprende a epiderme e as capas de tecido adiposo que se encontran baixo dela, na derme. Fundido, obtense a manteiga de porco.

Ás veces está entrefebrado, é dicir, que ten febras de carne ou magro. Daquela adoita chamarse touciño entrefebrado,[3] bacon, ou beicon.[4].

É un alimento de gran valor enerxético, unhas 9 kcal/g (37,7 kJ/g).

Etimoloxía editar

Semella que a súa orixe está no latín tucca ‘caldo manteigoso’, que daría lugar a tuccetum ‘carne salgada’ e no latín vulgar a *tuccinum (lardo)[5].

Consumo editar

 
Dátiles con beicon.

En Galicia adoita encontrarse nos mercados (e consumirse) fresco ou conservado salgado e, modernamente, na industria, afumado (especialmente o béicon).

O touciño pode comerse cru, frito, asado, grellado ou formando parte do cocido,[6] ou utilizado como ingrediente coadxuvante na saborización de pratos (por exemplo, nos arroces e nas pizzas). Así mesmo úsase para envolver pezas de carne en asados, especialmente de aves de caza, ou salchichas ou dátiles en tapas.

Notas editar

  1. touciño no dicionario da RAG.
  2. lardo no dicionario da RAG.
  3. entrefebrado no dicionario da RAG.
  4. Ás voltas con cousas de comer: beicons e touciños en USC, Un idioma preciso.
  5. "Touciño". Portal das Palabras. Consultado o 27 de xaneiro de 2017. 
  6. Sueiro, J. V. (1981), pp. 150-151.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar