Totonicapán é a cabeceira do departamento de Totonicapán, en Guatemala. É tamén un municipio de 96.392 habitantes (2002).[1]

Modelo:Xeografía políticaTotonicapán
Imaxe

Localización
Mapa
 14°54′39″N 91°21′38″O / 14.9108, -91.3606Coordenadas: 14°54′39″N 91°21′38″O / 14.9108, -91.3606
EstadoGuatemala
DepartamentosDepartamento de Totonicapán Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación118.960 (2021) Editar o valor em Wikidata (362,68 hab./km²)
Xeografía
Superficie328 km² Editar o valor em Wikidata
Altitude2.485 m Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Santo padrónArcanxo Miguel Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Código postal08001 Editar o valor em Wikidata
Fuso horario
Prefixo telefónico502 Editar o valor em Wikidata

Sitio webtotonicapan.org Editar o valor em Wikidata

O municipio sitúase na parte sueste do departamento e ten unha extensión territorial de 328 km2. Linda polo norte cos municipios de Santa María Chiquimula e Momostenango, ao sur cos municipios de Cantel e Salcajá (departamento de Quetzaltenango), e os de Santa Catarina Ixtahuacán, Nahualá e Sololá (departamento de Sololá).

A maioría da poboación (98%) pertence á etnia maia kʼicheʼ.

Situado na cordilleira da Serra Madre, o municipio de Totonicapán ten unha topografía montañosa e quebrada. O seu clima é relativamente frío cunha temperatura media de 12 °C.

No ámbito económico, a maioría da poboación emprégase na produción agrícola de millo e frixoles, esencialmente para o autoconsumo, así como a produción artesanal de mobles de madeira, tecidos de la, cerámica etc.[2]

O nome Totonicapán deriva das verbas en náhuatl "totl" e "nicapan", que quere dicir "cerro dos páxaros"?. O seu nome en lingua kʼicheʼ é "Chwi meq'ina'", cuxo significado é "sobre a auga quente".[2]

Notas editar

  1. Instituto Nacional de Estadística (INE) (2002). "XI Censo Nacional de Poblacion e VI de Habitación (Censo 2002)". Consultado o 2010. 
  2. 2,0 2,1 SEGEPLAN. "Totonicapán - Estrategia para la reducción de la pobreza municipal" (PDF) (en español). Consultado o 14-II-10. [Ligazón morta]

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar