Total Control é unha banda australiana de post-punk formada en Melbourne no ano 2008. O grupo está composto por Mikey Young (guitarra, teclados), Dan Stewart (voces), Al Montfort (guitarra), Zephyr Pavey (baixo) e James Vinciguerra (batería). Despois dunha serie de sinxelos, o álbum de estrea da banda, Henge Beat, foi publicado en agosto do ano 2011. O seu segundo traballo, Typical System, apareceu en xuño de 2014, e o terceiro, Laughing At The System, en decembro de 2017.

Total Control
OrixeMelbourne, Australia Australia
Período2008 - presente
Xénero(s)post-punk, garage rock, new wave, indie rock
Selo(s) discográfico(s)Fuse, Iron Lung, Sub Pop
MembrosMikey Young
Dan Stewart
Al Montfort
Zephyr Pavey
James Vinciguerra
Na rede
Bandcamp
Facebook: Total-Control-236641850207956 Bandcamp: hengebeatSouncloud: total-control Musicbrainz: 4ba2ddec-dd8d-44b8-8fee-1f4d06e63fb3 Songkick: 275888 Discogs: 1783729 Allmusic: mn0002550265 Editar o valor em Wikidata

Historia editar

Total Control foi formado en 2008 polo membro da banda Eddy Current Suppression Ring Mikey Young e o de UV Race Dan Stewart. A parella, que se uniu xa que tiñan un interese común por artistas de principios dos 80 como Devo, Gary Numan, The Screamers e The Adolescents, gravando algunhas cancións usando un sampler e sintetizadores no estudio caseiro de Young. Durante os seguintes anos conseguiron un seguimento de culto editando unha serie de sinxelos en 7" e tocando tan só un feixe de concertos.[1][2][3]

Total Control converteuse nun quinteto coa incorporación do guitarrista Al Montfort, o baixista Zephyr Pavey, e o batería James Vinciguerra. Young explicou a razón da ampliación a The Washington Post: "Bandas con caixas de ritmos e tres sintetizadores non son tan divertidas de ver como as bandas con baterías e guitarras", dixo. "Decatámonos de que non podía ser bo en directo, así que intentamos adaptar as cancións para traballar nunha banda de rock and roll".[1]

A banda editou o seu álbum de estrea, Henge Beat, en agosto de 2011 a través do selo de Seattle Iron Lung Records. Despois realizaron unha xira polos Estados Unidos coa banda de San Francisco Thee Oh Sees, coa cal tamén lanzaron un EP compartido, e tocaron no festival All Tomorrow's Parties en Minehead, Somerset en decembro de 2011.[3]

O grupo lanzou o seu segundo álbum de estudio, Typical System, en xuño de 2014, novamente a través de Iron Lung.[4] O seu último traballo ata a data, Laughing At The System, apareceu en decembro de 2017.[5]

Discografía editar

Álbums editar

Álbum Ano Selo
Henge Beat 2011 Iron Lung Records
Typical System 2014 Iron Lung Records
Laughing At The System 2017 Alter Records

Notas editar

  1. 1,0 1,1 "Total Control’s Mikey Young finds inspiration in all the right places". Washington Post (en inglés). 2023-05-18. ISSN 0190-8286. Consultado o 2023-12-18. 
  2. "Total Control Songs, Albums, Reviews, Bio & More". AllMusic (en inglés). Consultado o 2023-12-18. 
  3. 3,0 3,1 "Fear & Mythologies: An Interview With Total Control". The Quietus (en inglés). Consultado o 2023-12-18. 
  4. "Typical System, by Total Control". Total Control (en inglés). Consultado o 2023-12-18. 
  5. "Laughing At The System, by Total Control". Total Control (en inglés). Consultado o 2023-12-18. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar