Toques

concello da provincia da Coruña

Toques é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca da Terra de Melide. Segundo o IGE en 2014 tiña 1.248 habitantes (1.387 no 2010, 1.485 no 2006, 1.512 no 2005, 1.530 no 2004, 1.550 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é toquense.

Modelo:Xeografía políticaToques
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor em Wikidata Mapa
 42°58′08″N 7°57′21″O / 42.969, -7.9557Coordenadas: 42°58′08″N 7°57′21″O / 42.969, -7.9557
EstadoEspaña
Comunidade autónomaGalicia
ProvinciaProvincia da Coruña Editar o valor em Wikidata
CapitalSouto Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación1.074 (2023) Editar o valor em Wikidata (13,68 hab./km²)
Xentiliciotoquense Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie78,49 km² Editar o valor em Wikidata
Altitude78,49 m Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
• Alcalde Editar o valor em WikidataJosé Ángel Penas Editar o valor em Wikidata
Eleccións municipais en Toques Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Código postal15806 Editar o valor em Wikidata
Fuso horario
Código INE15083 Editar o valor em Wikidata

Páxina webtoques.gal Editar o valor em Wikidata
Facebook: concellodetoques Twitter: ConcelloToques Editar o valor em Wikidata

Demografía editar

Censo total 2014 1.248 habitantes
Menores de 15 anos 85 (6.81 %)
Entre 15 e 64 anos 759 (60.82 %)
Maiores de 65 anos 404 (32.37 %)
Evolución da poboación de Toques   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023
2.940 3.131 3.264 2.454 1.530 1.405 1.343 1.302 1.265 1.248
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Xeografía editar

O concello, de 77,9 km², abrangue dez parroquias. Limita ao norte co concello de Sobrado a través dos montes de Bocelo, ao suroeste co concello de Melide e ao leste cos concellos de Palas de Rei e Friol a través da serra do Careón e os montes de Corno do Boi.

O río Furelos, afluente do Ulla, percorre o concello de norte a sur desde o nacemento nas brañas do Porto Salgueiro até Furelos, xa no concello de Melide. Entre os seus afluentes están o río da Toca e o río Pequeno ou Montelén.

Patrimonio editar

A mámoa do Forno dos Mouros é un monumento megalítico ben conservado, situado preto de Muruxosa e rehabilitado en 2009. O castro da Graña é un poboado castrexo, escavado na década de 1990.

A igrexa de Santo Antoniño de Toques é un templo románico do século XII.

O concello está atravesado pola vía primitiva do Camiño de Santiago, que pasa polas parroquias de Vilouriz e Vilamor, uníndose en Melide ao camiño francés.

Economía editar

A economía do concello de Toques céntrase na gandaría vacún e no sector forestal.

Galería de imaxes editar

Artigo principal: Galería de imaxes de Toques.

Parroquias editar

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Toques

A Capela (Santa María) | Mangoeiro (San Tomé) | Ordes (Santa María) | Paradela (San Paio) | San Martiño de Oleiros (San Martiño) | San Xiao do Monte (San Xiao) | Santa Eufemia do Monte (Santa Eufemia) | Santa Mariña de Brañas (Santa Mariña) | Vilamor (Santo Estevo) | Vilouriz (Santiago)

Lugares de Toques editar

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Toques vexa: Lugares de Toques.

Notas editar

Véxase tamén editar


 
 Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.