O toque de queda[1] ou toque de recollida é a prohibición decretada por un goberno ou autoridade de que a poboación permaneza na rúa após unha determinada hora. Historicamente foi empregado en Europa durante o período entre guerras, na que, despois dunha determinada hora (polo xeral ao chegar a noite), soaba unha sirena para que as persoas se dirixisen aos seus domicilios.

O toque de recollida considérase unha limitación ou restrición da liberdade de circulación, considerado internacionalmente coma un dereito humano fundamental.

Pandemia de COVID-19 en Galicia editar

Durante a pandemia por COVID-19 en Galiza estabeleceuse o toque de recollida como unha das medidas para combater a expansión do virus. Así, durante os últimos meses de 2020 e os primeiros meses de 2021, impúxose o toque de queda en Galicia. A hora de recollida oscilou entre as 22 e as 23 horas en diferentes momentos da pandemia[2].

Notas editar

Véxase tamén editar

Outros artigos editar