Toorbos

filme de 2019 dirixido por Rene van Rooyen

Toorbos é un filme surafricano de 2019 dirixido por Rene van Rooyen. Conta a historia dunha muller nova que entra nun conflito entre os seus ideais e os do seu marido.[1] Foi escollido como candidato de Suráfrica para o Óscar ó mellor filme internacional na 93ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.[2]

Toorbos
Ficha técnica
Título orixinalToorbos
DirectorRene van Rooyen
IntérpretesSean Brebnor
Estrea24 de agosto de 2019
OrixeSudáfrica Suráfrica
XéneroDrama
Na rede
IMDB: tt9253672 Editar o valor em Wikidata

Sinopse editar

Pouco despois do estoupido da segunda guerra mundial, unha muller nova dunha comunidade de granxeiros humildes namórase e casa cun rico propietario. Ela comeza a adaptarse ó seu novo estilo de vida, incluíndo ser servil co seu home. Porén, axiña comeza a sentir irritada no seu novo papel e o seu malestar medra cando se decata do desprezo do seu esposo polo bosque do que ela provén.

Personaxes editar

  • Sean Brebnor como Faan Mankvoet
  • Elani Dekker como Karoliena Kapp
  • Stiaan Smith como Johannes Stander

Notas editar

  1. "Director Rene van Rooyen on adapting Dalene Matthee's critically-acclaimed novel, Toorbos, for the big screen". Ladima Foundation. Consultado o 17 de novembro de 2020. 
  2. "Toorbos to be SA's entry for the 93rd Academy Awards". Channel24. 17 de novembro de 2020. Consultado o 17 de novembro de 2020. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar