Tony Allen

baloncestista estadounidense

Anthony "Tony" Allen, nado o 11 de xaneiro de 1982 en Chicago, Illinois, é un ex xogador profesional estadounidense de baloncesto.

Tony Allen
Posición Escolta / Ala
Información persoal
Nacemento 11 de xaneiro de 1982 (42 anos)
Chicago, Illinois
Nacionalidade Estados Unidos de América Estados Unidos
Altura 1,93 m (6 ft 4 in)
Peso oficial 97 kg (213 lb)
Información da carreira
Instituto Crane (Chicago, Illinois)
Universidade Butler County CC (2000–2001)
Wabash Valley (2001–2002)
Oklahoma State (2002–2004)
NBA Draft 2004 / Rolda: 1 / Elección: 25
Por Boston Celtics
Carreira 2004–2018
Historial de equipos
Boston Celtics (2004–2010)
Memphis Grizzlies (2010–2017)
New Orleans Pelicans (2017–2018)
Premios e galardóns
Campión da NBA (2008)
3× Primeiro Equipo Defensivo NBA (2012, 2013, 2015)
3× Segundo Equipo Defensivo NBA (2011, 2016, 2017)

Traxectoria editar

Foi seleccionado polos Celtics na posición 25 do Draft da NBA de 2004. Na súa primeira tempada na liga, foi seleccionado para disputar o partido Rookies vs. Sophomores durante a fin de semana do All-Star, xunto ao seu compañeiro de equipo Al Jefferson. Ese ano, promediou 6.4 puntos e 2.9 rebotes por partido.

En xaneiro de 2007 tivo unha grave lesión no ligamento cruzado anterior que lle fixo perder gran parte da tempada.[1] Tras gañar o anel de campión cos Celtics en 2008, en xullo dese mesmo ano foi renovado polo club por dúas tempadas máis, por cinco millóns de dólares.[2] En xullo de 2010 Allen asinou un contrato por tres anos cos Memphis Grizzlies.

O 1 de febreiro de 2018, Allen foi traspasado xunto a Ömer Aşık, Jameer Nelson e unha elección da primeira rolda do Draft de 2018 ós Chicago Bulls, a cambio de Nikola Mirotić e unha elección da segunda rolda do Draft de 2018. Ademais, os Bulls terán o dereito a intercambiar eleccións de segunda rolda do Draft de 2021 cos Pelicans.[3]

Notas editar

  1. sports.ign.com Tony Allen Interview Arquivado 13 de xullo de 2011 en Wayback Machine., consultado setembro de 2008
  2. Celtics rebound, re-sign Allen, House, consultado setembro de 2008
  3. "Pelicans Acquire Nikola Mirotić". NBA.com. 1 de febreiro de 2018. Consultado o 1 de febreiro de 2018. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar