Tomb Raider (serie)

serie de videoxogos

Tomb Raider é unha serie de videoxogos nada no 1996 da man das empresas Core Desing e mais Eidos Interactive que enfoca as aventuras da ficticia arqueóloga británica Lara Croft, editado tanto para PC como para Sega, Xbox e PlayStation.

Características editar

Amais dos xogos a serie conta tamén con cómics, novelas e mais de filmes. Dende o lanzamento do Tomb Raider orixinal no 1996, a serie converteuse nunha lucrativa franquía dos medios de comunicación afíns, e Lara converteuse nunha importante icona da industria dos videoxogos. O Libro Guinness dos Récords recoñeceu a Lara Croft como a "heroína humana máis exitosa en videoxogo" no 2006.

Os seis primeiros xogos da serie foron desenvolvidas pola Core Desing, e os últimos por Crystal Dynamics. Tódolos xogos foron publicados pola Eidos Interactive. Os dous filmes, Lara Croft: Tomb Raider e mais Lara Croft Tomb Raider: The Cradle of Life, foron protagonizados pola actriz estadounidense Angelina Jolie. Entre tódolos videoxogos teñen vendido máis de 30 millóns de copias, tornándose unha das series de videoxogos máis vendidas. O videoxogo que máis copias vendeu foi Tomb Raider II, pois vendeu máis de 8 millóns de copias.

Videoxogos editar

Tomb Raider (videoxogo de 2013)Lara Croft and the Guardian of LightTomb Raider: UnderworldLara Croft Tomb Raider: AnniversaryTomb Raider: LegendTomb Raider: The Angel of DarknessTomb Raider ChroniclesTomb Raider: The Last RevelationTomb Raider IIITomb Raider IITomb Raider (videoxogo de 1996)

Música editar

A seguinte táboa amosa as características da banda sonora dos diferentes títulos.

Tomb Raider Tomb Raider II Tomb Raider III Tomb Raider: The Last Revelation Tomb Raider Chronicles Tomb Raider: The Angel of Darkness Tomb Raider: Legend Tomb Raider: Anniversary Tomb Raider: Underworld Tomb Raider (2013)
Principal compositor Nathan McCree Nathan McCree Nathan McCree Peter Connelly Peter Connelly Peter Connelly Troels B. Folmann Troels B. Folmann Colin O'Malley TBA
Colaboradores Martin Iveson n/a Martin Iveson, Peter Connelly e Matthew Kemp n/a n/a Martin Iveson, Peter Wraight (orquestrador) e David Snell (condutor) n/a n/a Troels B. Folmann (supervisor) TBA,
Aleksandar Dimitrijevic (trailer)
Duración do tema principal 3:15 2:46 2:18 2:17 n/a 3:08 2:20 3:37 3:33 n/a
Tempo total ~17 minutos ~19 minutos ~35 minutos ~18 minutos ~16 minutos ~51 minutos ~180 minutos
(forma repetible)
~56 minutos ~110 minutos n/a

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar