Tomahawk (machada)

Un tomahawk (tamén chamado hawk) é un tipo de machada orixinaria de Norte América, tradicionalmente de mango estreito e recto. O nome provén da lingua inglesa no século XVII como unha adaptación da palabra dos powhatan (Algonquinos de Virxinia).

Tomahawk de comezos do século XIX.
Diferentes estilos de tomahawk.

Os tomahawks eran ferramentas de uso xeral empregadas por amerindios e colonos europeos, e eran usadas a miúdo como arma para a loita de man a man e como arma arroxadiza. As cabezas de metal dos tomahawk baseáronse nas machadas da Royal Navy e foron produto de troco cos nativos americanos para obter comida e outras provisións.

O mango dun tomahawk mide usualmente uns 60 centímetros, tradicionalmente feito de madeira de carballo. A cabeza pesaba entre 250 gramos e un quilo, cun gume cortante duns 10 centímetros. A cabeza podía ser como un pequeno martelo, ter un garfo pola parte posterior ou estar redondeada, e usualmente non tiña punta na parte superior. A cabeza dos tomahawks era xeralmente feitas de pedra puída ou óso. Algúns exemplares ornamentados con gravados eran usados en rituais, e adoitaban ter un orificio na cabeza, que se prolongaba a través do mango, para fumar tabaco a través do tomahawk. Hai tamén exemplares con cabeza metálica destas infrecuentes pipas. As pipas-tomahawk eran poderosos símbolos nos encontros entre europeos e americanos: un extremo era a pipa da paz. O outro, a machada da guerra.

Galería de imaxes editar