Tom Meighan

cantante británico

Thomas Peter Meighan, nado o 11 de xaneiro de 1981 en Leicester, é un músico inglés, coñecido por ser o vocalista da banda de indie rock Kasabian.

Tom Meighan
Tom nun concerto en Francia en 2010.
Nome completoThomas Peter Meighan
Data nacemento11 de xaneiro de 1981 (43 anos)
Nado enLeicester, Inglaterra Inglaterra
OcupaciónMúsico, compositor
XéneroIndie rock, Space rock, Electrónica, Neopsicodelia
Instrumento(s)Voz, pandeireta, guitarra
Relacionado conKasabian
Tempo en activo1999-presente
Na rede
http://www.kasabian.co.uk/
IMDB: nm1796890 Musicbrainz: 09f9a80b-bddb-41b5-8d87-995ccb072f4a Songkick: 3122561 Discogs: 611563 Allmusic: mn0001355902 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Biografía editar

Meighan é o vocalista de Kasabian dende o nacemento da banda en Leicester en 1999.[1] É a voz principal na maioría das cancións da banda e non toca ningún instrumento no grupo, agás a pandeireta nalgunha ocasión e a guitarra no directo de 'Night Workers'.[2]

Meighan contribuíu ademais como cantante principal nas cancións "Viva La Revolution" de Superevolver e "Ghosts on Crusade", de Lysergic Suite. Fai os coros no sinxelo de Jersey Budd, "She Came Back".[3]

Ademais dos numerosos premios que comparte cos demais membros de Kasabian, foi nomeado 19º mellor líder de banda de todos os tempos nunha votación dos lectores da revista Q Magazine.

A comezos de 2011, Meighan fixo o seu debut como actor no episodio piloto de Walk Like a Panther.[4] Anteriormente, rexeitou unha oferta para aparecer en Marie Antoinette, debido ao compromiso cos compañeiros da banda.

Discografía editar

Kasabian editar

Notas editar

  1. Kasabian biography Arquivado 02 de abril de 2009 en Wayback Machine. - Virgin Radio
  2. "Kasabian-Nightworkers (Live at Evry France, 2005)". YouTube. Consultado o 2011-12-11. 
  3. "Jersey Budd talks to Absolute Radio". YouTube. 2008-12-09. Consultado o 2011-12-11. 
  4. "Walk Like A Panther :: TV Show". Walklikeapanther.tv. Arquivado dende o orixinal o 08 de novembro de 2011. Consultado o 2011-12-11. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar