Tom Clancy's Splinter Cell

serie de videoxogos

Tom Clancy's Splinter Cell é unha serie de videoxogos de acción/infiltración saída da imaxinación do escritor estadounidense Tom Clancy e desenvolta pola compañía francesa Ubisoft.

Neste serie controlamos a un espía chamado Samuel Fisher (Sam Fisher) que traballa para a axencia de nacional de seguridade (NSA) nun proxecto chamado Third Echelon, formado por Sam Fisher, Irving Laambert (o xefe), Anna Grímsdóttir (a experta informática), e un encargado de transporte e armamento que cambia de personaxe cada en cada xogo.

Os xogos de Splinter Cell editados ata a data son: Plataforma
Splinter Cell Multiplataforma (2002)
Splinter Cell Pandora Tomorrow Multiplataforma (2004)
Splinter Cell Chaos Theory Multiplataforma (2005)
Splinter Cell Double Agent Multiplataforma (2006)
Splinter Cell Essentials PSP (2006)

O que coincide nos tres xogos é a forma de xogalos, o sixilo é fundamental en todos os episodios da saga. Hai que sorprender os inimigos, usar a túa arma o menos posible e que ninguén te vexa ou soen as alarmas. Un simple erro pódeche arruinar a misión. Todos son bastante "lineais", para pasar unha misión só tes unha forma de facelo. En Pandora Tomorrow e Chaos Theory incluíuse o modo multixogador.

Está en desenvolvemento a cuarta entrega de Splinter Cell que ten previsto saír no 2006. O novo nome que levará a nova entrega será Splinter Cell Double Agent. Pero parece que na nova entrega o argumento cambiará moito, xa que Sam Fisher vai ser un fuxido da lei buscando vinganza polo atropelo da súa filla Sara.