Tom Brady

Xogador de fútbol americano

Thomas Edward Patrick Brady Jr., máis coñecido como Tom Brady, nado o 3 de agosto de 1977 en San Mateo (California), é un xogador retirado estadounidense de fútbol americano, que xogaba de quarterback.

Tom Brady
No. 12 Tampa Bay Buccaneers
Posición:Quarterback
Información persoal
Nacemento:3 de agosto de 1977 (46 anos)
Lugar:California San Mateo, California
Altura:6 ft 4 in (1,93 m)
Peso:225 lb (102 kg)
Información da carreira
Instituto:San Mateo (CA) Junípero Serra
Universidade:Michigan
NFL Draft:2000 / Rolda: 6 / Pick: 199
Historial de equipos
Premios e galardóns
  • Super Bowl (XXXVI, XXXVIII, XXXIX, XLIX, LI, LIII)
  • 4× MVP da Super Bowl (XXXVI, XXXVIII, XLIX, LI)
  • 3× MVP da NFL (2007, 2010, 2017)
  • 13× Pro Bowl (2001, 2004, 2005, 2007, 2009–2017)
  • 3× Primeiro equipo All-Pro (2007, 2010, 2017)
Estatísticas NFL
Estatísticas do xogador en NFL.com

Despois de xogar fútbol universitario en Michigan, Brady foi recrutado polos Patriots na sexta rolda do Draft da NFL de 2000. Des que foi quarterback titular do seu equipo, os Patriots conseguiron xogar nove veces a Super Bowl, o que supón o mellor rexistro para un quarterback da historia, gañándoa en seis ocasións. Amagou a retirada en 2022, xogou para os Tampa Bay Buccaneers da National Football League (NFL) e retirouse en 2023.

Brady gañou en catro ocasións o premio ao mellor xogador da Super Bowl (XXXVI, XXXVIII, XLIX e LI) e tres premios como MVP da NFL (2007, 2010 e 2017), sendo tamén seleccionado 13 veces como Pro Bowl e liderando ao seu equipo a quince títulos de división, máis que calquera outro quarterback na historia. É tamén o cuarto mellor xogador da historia do fútbol americano en iardas de pase, terceiro mellor en pases de touchdown e tamén terceiro en eficiencia de pase. A nivel colectivo, o seu récord de vitorias derrotas en playoffs é de 30−10, o que supón o maior número de vitorias conseguidas por un quarterback en post-temporada ademais do xogador en xeral que máis partidos deste tipo ten disputado. Debido a todos estes rexistros, moitos analistas e xornalistas deportivos consideran a Brady o mellor quarterback de todos os tempos.[1][2][3] A súa parella é a actriz e modelo brasileira Gisele Bündchen.

Traxectoria editar

Primeiros anos editar

Tom Brady naceu cerca da cidade de San Francisco en California. O seu pai chámase Thomas (coma el) e a súa nai Galynn. Nos anos 1980 asistiu a numerosos partidos dos San Francisco 49ers, onde se volveu seareiro do quarterback Joe Montana.[4] Brady mencionou que desde entón Joe Montana converteuse na súa inspiración e cualificouno como un dos seus ídolos. Na súa mocidade tivo a oportunidade de presenciar o pase de Montana a Dwight Clark, lance ao que se coñece como "The Catch". Tamén afeccionado ao béisbol, onde xogaba como receptor, tras graduarse Instituto Junípero Serra de San Mateo, en 1995 foi recrutado na rolda dezaoito do draft da Major League Baseball (MLB) polos Montreal Expos (actuais Washington Nationals).

Universidade editar

Brady xogou fútbol americano universitario na Universidade de Míchigan, onde se graduou coa mención honorífica cum laude. Foi xogador de reserva durante os seus dous primeirosanos nos Michigan Wolverines, mentres que o seu compañeiro de equipo e futuro quarterback da NFL Brian Griese lideraba aos Wolverines ao triunfo no campionato nacional de 1997. Cando Brady chegou á universidade, estaba no sétimo posto na táboa de posicións (onde se ordenan aos xogadores titulares e suplentes), tendo que librar unha intensa loita para obter tempo de xogo. Chegou a tal punto que tivo que contratar a un psicólogo deportivo para que lle axudase a soportar a frustración e inquietude que estaba a experimentar, chegando a considerar mudarse de universidade desilusionado polo que consideraba unha falta de oportunidade.[5]

Brady pelexou por alcanzar a posición de primeiro quarterback con Drew Henson e mantívose como titular nas tempadas de 1998 e 1999 baixo a supervisión do adestrador Lloyd Carr. Durante o seu primeiro ano como titular, conseguiu o récord de Michigan de maior intento de pases (350) e de finalizacións de pases (214) nunha soa temporada. Brady situouse entre o dez mellores (en inglés, "All-Big Ten") durante ambas as tempadas e como capitán do equipo no seu último ano universitario. No seu primeiro ano como titular (1998), os Wolverines gañaron vinte de vinte e cinco partidos e conseguiron o título da Big Ten Conference. Brady rematou esa tempada cun triunfo sobre os Arkansas Razorbacks no Citrus Bowl de Florida. Na seguinte temporada (1999), levou a Michigan a un inesperado triunfo no Orange Bowl sobre Alabama, logrando acumular 369 iardas e catro touchdowns por aire. Tras finalizar o seu periplo universitario ocupaba a terceira posición histórica da Universidade de Míchigan de pases completados con 442 de 710 intentos.

Retirada editar

A principios de 2022 anunciou a retirada, pero logo acabou xogando nos Buccaneers de Tampa Bay unha temporada máis. Un ano despois, o 1 de febreiro de 2023, anunciou a súa retirada por segunda vez[6].

Notas editar

  1. Hochman, Benjamin (2 de febreiro de 2015). "Tom Brady greatest QB of all time? It's now safe to make that argument". The Denver Post (en inglés). 
  2. Freeman, Mike. "Brady Takes Throne as QB GOAT". Bleacher Report (en inglés). Consultado o 20 de xuño de 2016. 
  3. Paine, Neil (6 de febreiro de 2015). "Tom Brady's (Statistical) Place In The Pantheon Of NFL QBs". FiveThirtyEight (en inglés). Consultado o 2016-06-20. 
  4. Klausner, Alexandra (31 de xaneiro de 2015). "Tom Brady's idol Joe Montana points finger at Patriots Quarterback and says 'it was pretty obvious who deflated the balls'". CBS Sportsline (en inglés). 
  5. Pedulla, Tom (31 de outubro de 2006). "Decorated Patriots QB feels hei still has something to prove". USA Today (en inglés). 
  6. Shapiro, Emily. "Tom Brady announces retirement -- again". ABC News (en inglés). Consultado o 2023-02-01. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar