Tiziana Domínguez


Tiziana Domínguez González, nada en Ourense o 16 de novembro de 1985 é unha deseñadora de moda e artista. Actualmente[cando?] é a directora creativa da firma Adolfo Domínguez S.A., sendo a menor das tres fillas do deseñador que dá nome á compañía e Elena González. Tiziana forma parte da terceira xeración da empresa, fundada no ano 1973 a partir da xastrería que rexentaba o seu avó. Está casada con Juan Verde, Subsecretario Adxunto para Europa e Eurasia do departamento de Comercio de USA.

Infotaula de personaTiziana Domínguez
Biografía
Nacemento16 de novembro de 1985 Editar o valor em Wikidata (38 anos)
Ourense, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónMiddlebury College (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióndeseñador de moda Editar o valor em Wikidata
EmpregadorAdolfo Domínguez Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeJuan Verde (en) Traducir (2011–2018) Editar o valor em Wikidata
PaiAdolfo Domínguez Editar o valor em Wikidata
IrmánsValeria Domínguez e Adriana Domínguez González Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Comeza a formación no estranxeiro con sete anos, estuda en Gran Bretaña, Austria e Francia, anos nos que aprende inglés, alemán e francés. Tras finalizar o bacharelato en Gran Bretaña cursa o Foundation in Art & Design na Leeds College of Art completado con cursos impartidos polo Central Saint Martins College of Art and Design e o Hampstead School of Art. Máis tarde trasladouse a Vermont (EUA), onde se licenciou en Económicas polo Middlebury College.

Deseño editar

Dende o seu posto na Dirección Creativa, Tiziana Domínguez deseña, xunto ao seu pai, as colección da firma. Introduciu materiais ecolóxicos en todas as coleccións e aposta pola moda sostíbel. No ano 2011 presenta a súa primeira liña 100% ecolóxica Green Me, pezas de roupa de deseño confeccionadas con tecidos orgánicos e reciclados de última xeración.

Pintura e escultura editar

En maio de 2011 presenta a súa primeira exposición de pintura, ‘Ants, horses & other relatives’. Unha obra figurativa, expresionista, con moita cor, onde mestura óleo con area, café, serríaduras, plantas, insector e outras materias.

A súa pintura inspírase nos animais e na natureza, reflectindo a súa preocupación polo medio ambiente. Frecuentemente as súas obras inspiran os estampados das coleccións presentadas en Cibeles e as súas esculturas as xoias da firma.

Ética profesional editar

En 2009 fundou o departamento de Responsabilidad Social Corporativa (RSC) de Adolfo Domínguez S.A. Este departamento publicou a Política de Benestar Animal (2010), documento no que rechaza o uso de peles exóticas, así como a práctica de actividades violentas ou de maltrato de animais, como a extracción de plumas a aves vivas ou o mulesing.

Só emprega coiro en bolsos e complementos sempre que este conte con certificados que aseguren que procede de animais criados para a alimentación.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar