Titushki (en ucraíno тітушки) é a denominación que lles dan os medios de comunicación ucraínos, especialmente os vencellados á oposición[1] e en xeral a opinión pública daquel país aos mercenarios de bandas que consideran organizadas polas autoridades e que actúan como axentes provocadores que ilegalmente asaltan e dispersan demostracións pacíficas de opoñentes ao goberno de Viktor Yanukovych. Durante os acontecementos desenvolvidos en Ucraína a finais de 2013 e comezos de 2014, coñecidos como Euromaidan converteuse nun termo colectivo para os axentes provocadores e criminais sospeitosos de estar a soldo do Partido das Rexións[2] e membros das forzas de seguridade vestidos de civil,[3][4][5] e como tal pasou á prensa internacional[6]

Titushki diante do edificio do gabinete de ministros de Ucraína. 24 de novembro de 2013

Orixe do nome editar

O nome procede de Vadym Titushko (Вадим Тітушко) un loitador de artes marciais [7] de Bila Tserkva que atacou os xornalistas dunha canle de televisión ucraína o 18 de maio de 2013.[8], condenado a tres anos de prisión pero posteriormente foi modificada a dous anos de liberdade condicionada, con posterioridade o propio Titushko apoiou publicamente á oposición[9]

Características editar

Segundo un antigo xefe do Servizo de Seguridade de Ucraína, o goberno usa os titushki activamente en conflitos locais, a cambio de cartos[10], son xente nova que viste de forma similar, con roupa deportiva e chaquetas, a miúdo a súa imaxe confúndese coa dos nostálxicos da época soviética[11], aínda que os titushki son recrutados entre practicantes mozos de boxeo, wrestling ou artes marciais sen emprego e sen consideración á ideoloxía, só a cambio de cartos[12]. O número de todos os que actuaron en Kíiv durante as protestas de 2013/2014 estímase en 2000 [13].

Notas editar

  1. Елена Гамаюн. Ужасные «титушки». Московский комсомолец, 7 de febreiro de 2014
  2. ""Беркут" и "титушки" дерутся с митингующими у здания Кабмина" (en ruso). Consultado o 6 de decembro 2013. 
  3. Mukachevo.net (ed.). "Як на Банкову звозили "тітушок" автобусами та під наглядом силовиків (ВІДЕО)" (en ucraíno). Arquivado dende o orixinal o 04 de decembro de 2013. Consultado o 06 de agosto de 2020. 
  4. news.liga.net (ed.). "Администрацию президента штурмовали на заказ, - СМИ" (en ruso). Arquivado dende o orixinal o 03 de decembro de 2013. Consultado o 20 de febreiro de 2014. 
  5. Kyiv Post, ed. (8 de febreiro de 2014). "Several hundred 'titushkis' advance on protester barricades in Kyiv, but then retreat". Consultado o 8 February 2014. 
  6. "Epic fail: даже зарубежная пресса взяла на вооружение термин «titushki»". Arquivado dende o orixinal o 18 de febreiro de 2014. Consultado o 20 de febreiro de 2014. 
  7. "Вадим Титушко: "У меня с детства ненависть к гопникам"". 
  8. From Maidan To Berkut: A Ukraine Protest Glossary, Radio Free Europe/Radio Liberty 18 de decembro de 2013
  9. politobzor.net (ed.). "Политические технологии Майдана". Arquivado dende o orixinal o 01 de febreiro de 2014. Consultado o 25 de xaneiro de 2014. 
  10. Frode Larsen (2 de xaneiro de 2014). Uriks.no, ed. "Ukrainian top general: There is proof of russian intervention in Ukraine". Arquivado dende o orixinal o 15 de febreiro de 2014. Consultado o 2 January 2014. 
  11. [↑ В Днепре «гоп-титушки», в которых опознали местных дзюдоистов, разгромили евромайдан http://cripo.com.ua/?sect_id=10&aid=166326]
  12. Скільки коштує найняти «тітушка». Інфографіка — Економічна правда
  13. http://www.pravda.com.ua/columns/2013/12/13/7006654/

Ligazóns externas editar

  • Titushky no dicionario de slang ucraíno Myslovo