Un tirso é un bastón de canafrecha (Ferula communis), forrado de vide ou hedra (e ás veces de lazos) e rematado por unha piña de piñeiro. Trátase dun símbolo fálico que representa a forza vital asociada polo xeral co deus grego Dioniso (no panteón romano, Baco).[1] Crese que a súa orixe está no antigo Exipto e en Fenicia. O pobo tracio asimilouno na Antigüidade e despois pasou a todo o mundo helenístico.[1]

Escena nunha vasilla dunha ménade sostendo un tirso
Vara de tirso

O tirso relaciónase tamén coa vara máxica dos conxuros e cos símbolos axiales verticais, que representan o eixo do mundo ou teñen relación analóxica con el.

Ver tamén editar

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Cirlot, Juan Eduardo (10 de febreiro de 2022). Diccionario de símbolos (en castelán) (24ª ed.). Siruela. ISBN 9788478447985. 

Ligazóns externas editar