Un Time-lapse é unha técnica fotográfica que consiste na captación de imaxes fixas que despois son reproducidas a unha velocidade maior á que foron tomadas. Esta técnica crea entón unha ilusión de imaxes aceleradas.

A flor dun xeranio abríndose durante un período de dúas horas. En cada imaxe hai 7 minutos de diferenza.

Realización editar

Movemento das nubes con time-lapse
Solpor con time-lapse
Sementes agromando con time-lapse

Hai varios métodos para a realización de vídeos coa técnica Time-Lapse, entre os que están:

  • Gravar unha secuencia cunha vídeo cámara, para posteriormente acelerar o filme en calquera programa de edición de vídeo.
  • Outro xeito é a captación de imaxes a determinados intervalos de tempo. Tirando unha fotografía cada certo tempo, e unindo esas imaxes obtemos unha secuencia co efecto de aceleración característico do time-lapse.