O tigre siberiano (Panthera tigris altaica), tamén coñecido como tigre de Amur, é unha subespecie de tigre que habita principalmente nos bosques de folla perenne do extremo sueste de Siberia e a fronteira entre Rusia e a China marcada polo río Amur.

Tigre siberiano

Macho adulto no zoo de Leipzig.
Estado de conservación
En perigo
En perigo[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Mammalia
Orde: Carnivora
Familia: Felidae
Xénero: Panthera
Especie: P. tigris
Subespecie: P. tigris altaica
Nome trinomial
Panthera tigris altaica
Temminck, 1884
Mapa de distribución do tigre siberiano
Mapa de distribución do tigre siberiano

Mapa de distribución do tigre siberiano

No 2005, estimábase unha poboación de tigre siberiano que oscilaba entre os 331 e os 393 individuos adultos e subadultos na rexión, cunha poboación en idade reprodutora de 250 tigres. O número destes félidos mantívose estábel por máis dunha década grazas a un intenso esforzo de conservación, mais estudos realizados após o 2005 indican que a poboación do territorio ruso está decaendo.

Por outra banda, o tigre siberiano é a meirande das subespecies de tigre, así como tamén o maior félido existente.[2]

Notas editar

  1. Miquelle, D.; Darman, Y.; Seryodkin, I. (2011). Unión Internacional para a Conservación da Natureza, ed. "Panthera tigris ssp. altaica". Lista Vermella da IUCN: e.T41629A4521010. doi:10.2305/IUCN.UK.2011-2.RLTS.T15956A5333650.en. 
  2. Mazák, V. (1981) Panthera tigris. Arquivado 09 de marzo de 2012 en Wayback Machine. Mammalian Species 152: 1–8.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar


 
 Este artigo sobre zooloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.