Tianh Tianh e Ian Guan

Tianh Tianh e Ian Guan (ou Tian Tian e Yang Guang) é unha parella de pandas xigantes, residentes no zoo de Edimburgo, e os primeiros en vivir en Escocia en toda a súa historia, e os primeiros do Reino Unido no século XXI.

Tianh Tianh en 2012.

Características editar

Tanto Tianh Tianh (que significa 'dozura') como Ian Guan (que significa 'solpor') naceron no ano 2003 na reserva de Bifengxia, na prefectura de Ia'na (provincia de Sichuan). Tianh Tianh é unha femia e pesa 98 kg[1]. Ian Guan é un macho e pesa 126 kg. Os dous pandas viven separados no zoo de Edimburgo e só se comunican durante dous días ano ano por unha porteliña, os días en que a femia entra en celo.

Viaxe editar

Os pandas comezaron a súa viaxe no parque de cría de Bifengxia o 3 de decembro de 2011 e chegaron a Edimburgo ao día seguinte nun voo chárter a bordo dun Boeing 777. Tanto a viaxe como a súa estadía en Escocia foron obxecto de críticas por parte de grupos animalistas coma o PETA[2] O alugueiro dos pandas durante dez anos custaralle ao zoo escocés 1.1 millóns de euros anuais, ademais de correren cos custos da súa mantenza. O ofrecemento do goberno chinés xurdiu nun contexto de compra de débeda pública británica por parte do estado chinés, pero tamén nun especial achegamento do goberno escocés, presidido polo nacionalista Alex Salmond, ao goberno de Beixín, nun novo capítulo do que se coñece como a diplomacia panda.

Notas editar