Thoth-Amon é unha personaxe ficticia do mundo de Conan o bárbaro, creado por Robert E. Howard, sendo habitualmente antagonista do heroe. Aparece por vez primeira en "O fénix na espada", a primeira das historias de Conan, e é un feiticeiro adorador do deus serpe Set, e en dúas ocasións (O reino salvaxe de Conan 3 e 4) dirixiu un exército de homes-serpe ós que Conan e o seu fillo Conn tiveron que aniquilar.

Nome editar

 
O deus exipcio Tot.

Presumiblemente Howard derivou o nome da personaxe a partir das deidades exipcias Tot e Amón.

Descrición editar

Thoth Amón é un feiticeiro moi poderoso que leva unha túnica vermella con carapucha e ó que se lle supoñen uns 180 anos. Mantense con vida grazas á súa maxia.

Cos seus poderes pode crear obxectos do nada, facer aparecer monstros e feras, invocar tornados, bólas de enerxía, provocar explosións, ver o futuro e invocar ó deus Set, que se materializa en forma de serpe xigante.

Morreu no Reino salvaxe de Conan 4, tras unha batalla con Conan nunha praia de Zembabwei.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar