Thomas Myhre

futbolista noruegués

Thomas Myhre, nado o 16 de outubro de 1973 en Sarpsborg, é un ex-futbolista noruegués, porteiro da selección nacional ata 2007.

Thomas Myhre
Myhre en 2009
Información persoal
Nome Thomas Harald Myhre
Nacemento 16 de outubro de 1973
Lugar de nacemento Sarpsborg
Altura 1.88 m
Posición Porteiro
Carreira xuvenil
Moss
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
0000–1992 Moss
1993–1997 Viking 94 (0)
1997–2001 Everton 70 (0)
1999Rangers (cedido) 3 (0)
2000Birmingham City (cedido) 7 (0)
2000Tranmere Rovers (cedido) 3 (0)
2001FC Copenhagen (cedido) 14 (0)
2001–2002 Beşiktaş 13 (0)
2002–2005 Sunderland 37 (0)
2003–2004Crystal Palace (cedido) 15 (0)
2005 Fredrikstad 3 (0)
2005–2007 Charlton Athletic 21 (0)
2007–2010 Viking 46 (0)
2010–2011 Kongsvinger 20 (0)
Total 346 (0)
Selección nacional
1998–2007 Noruega 56 (0)
Na rede
IMDB: nm2198160 FIFA: 167305 Editar o valor em Wikidata
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Comezou a súa carreira no Moss, firmando co primeiro equipo en 1991 e tivo a oportunidade de entrar tamén en 1991 na selección norueguesa sub-21. En 1993 fichou polo Viking. Unha grave lesión no xeonllo fixo que perdese toda a tempada 1996, volveu co seu club a tempada seguinte e en 1997 entrou na Premier League da man do Everton. Myhre fixo un gran traballo como porteiro do Everton, e o seleccionador nacional convocouno por primeira volta no equipo absoluto nun amigable contra Dinamarca en abril de 1998. Foi tamén porteiro reserva no Mundial de Fútbol Francia 1998. Xogou toda a liga co Everton na tempada 1998/99 pero por mor dunha lesión ao principio da seguinte tempada perdeu a titularidade e xogou cedido no Birmingham, Tranmere, así como no equipo escocés dos Rangers e no F.C. København, co que logrou o título de liga en 2000/01. Tamén foi o porteiro de Noruega na Eurocopa 2000.

No verán de 2001 mercouno o Beşiktaş, pero logo dunha soa tempada en Turquía volveu a Inglaterra fichado polo Sunderland, nas dúas primeiras tempadas xogou como reserva pero tras unha lesión do titular Mart Poom, ao empezar a tempada 2004-05, quedou como porteiro titular, e a tempada rematou co ascenso á Premier League. Malia iso o club non renovou o seu contrato en 2005 e Myhre volveu ao seu país onde xogou co Fredrikstad, antes de volver, unha vez máis, a Inglaterra en 2013, esta volta co Charlton. Firmou en agosto de 2005 e parmaneceu ata 2010 ao mercalo o Viking. Pero en febreiro de 2010 tras discordar co club marchou.

Foi un integrante estable da selección nacional, con máis de 50 participacións. Pero logo de dous erros contra Bosnia e Hercegovina e Turquía que foron trascendentais para Noruega non se clasificar na Eurocopa, o seleccionador decidiu substituílo por Håkon Opdal.