Thomas Gee

xornalista británico

Thomas Gee (nado o 24 de xaneiro de 1815 e morto o 28 de setembro de 1898), foi un predicador nonconformista, xornalista a editor galés.

Infotaula de personaThomas Gee

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento24 de xaneiro de 1815 Editar o valor em Wikidata
Dinbych Editar o valor em Wikidata
Morte28 de setembro de 1898 Editar o valor em Wikidata (83 anos)
Dinbych Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaThomas Gee's house (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeReino Unido de Gran Bretaña e Irlanda
Gales Editar o valor em Wikidata
EducaciónGrove Park School, Wrexham (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Dinbych (1845–1898) Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónministro , político , xornalista , impresor Editar o valor em Wikidata
EmpregadorEyre and Spottiswoode (en) Traducir (1836–1838) Editar o valor em Wikidata
ProfesoresWilliam Collister Jones Editar o valor em Wikidata
AlumnosWilliam Hughes Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Obra
Arquivos en
Familia
FillosSarah Matthews (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaiThomas Gee (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Gee naceu en Dinbych. Aos catorce anos entrou na oficina da imprenta do seu pai, pero continuou cos seus estudos de gramática polas tardes. En 1837 marchou a Londres para mellorar os seus coñecementos sobre impresión, e cando volveu a Gales un ano máis tarde, lanzouse na súa obra literaria, educativa e relixiosa, e a partir de 1845 fíxose cargo da empresa familiar converténdoa nunha auténtica editorial, Gwasg Gee. Entre as súas publicacións estaban a famosa revista trimestral Y Traethodydd ("O ensaísta"), Y Gwyddoniadur Cymreig ("Encyclopaedia Cambrensis"), e Dr. Silvan Evans; English-Welsh Dictionary (1868), pero o seu meirande logro neste ámbito foi a revista Baner Cymru ("A bandeira de Gales"), fundada en 1857 e fusionada con Yr Amserau ("Os tempos") dous anos máis tarde so o nome de Baner ac Amserau Cymru.

Esta publicación pronto foi vista como unha especie de oráculo en Gales, e desempeñou un gran papel na promoción do movemento nacionalista e de home rule no país. En cuestións educativas emprendeu unha loita longa exitosa a favor de escolas non confesionais e do establecemento dun sistema escolar intermedio. Avogou entusiasticamente pola separación Igrexa-Estado, e tivo un memorábel duelo xornalístico co Doutor John Owen sobre este asunto. A Eisteddfod atopou nel un amigo coidadoso e un sabio conselleiro. A autoridade da súa presenza, mestría na dicción e voz resoante fixeron del un efectivo orador. Ordenouse na igrexa metodista calvinista, en Bala en 1847, e entregou o seu tempo e o seu talento xenerosamente á Escola Dominical e ao Movemento pola Temperanza. Ao longo da súa vida creu máis no ministerio gratuíto itinerante que no fixo. Cando morreu en 1898, o seu funeral foi o máis impoñente que se vira nunca no norte de Gales.