Thomas Andrews (construtor naval)

Thomas Andrews Jr., nado o 7 de febreiro de 1873 en Comber, no condado de Down, finado o 15 de abril de 1912, foi un deseñador e construtor de barcos irlandés-británico.

Thomas Andrews
Nacemento7 de febreiro de 1873
Lugar de nacementoComber, Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda
Falecemento15 de abril de 1912
Lugar de falecementoRMS Titanic
Causaafogamento
NacionalidadeReino Unido
Alma máterRoyal Belfast Academical Institution
Ocupaciónarquitecto naval, empresario
PaiThomas Andrews
NaiEliza Pirrie
CónxuxeHelen Reilly Barbour
FillosElizabeth Law Barbour Andrews
IrmánsJ. M. Andrews
Na rede
WikiTree: Andrews-4604 Find a Grave: 7639301 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Foi o director e xefe do departamento de construción de barcos da compañía Harland and Wolff en Belfast, Irlanda do Norte. Andrews e outro enxeñeiro chamado Alexander Carlisle foron os encargados do plan e da construción do famoso transatlántico RMS Titanic, ademais dos seus dous irmáns, propiedade da compañía White Star Line: o RMS Olympic e o HMHS Britannic. Cando Carlisle se retirou en 1910, Andrews ficou á cargo de rematar os deseños do Titanic e o Britannic. Viaxaba a bordo do Titanic durante a viaxe inaugural cando chocou contra un iceberg o 14 de abril de 1912 ás 23:40 e foi unha das 1.517 persoas que perderon a vida no naufraxio. Foi visto por última vez mirando unha pintura no cuarto de fumar de primeira clase, sen facer ningún intento para salvarse a si mesmo.

Véxase tamén editar


Ligazóns externas editar