Thom Mayne nado o 19 de xaneiro do 1944 en Waterbury, Connecticut é un recoñecido arquitecto estadounidense asentado en Os Ánxeles. Formouse na University of Southern California (1969) e na Escola de Deseño da Universidade Harvard no 1987. Mayne axudou á fundación do Southern California Institute of Architecture (SCI-ARC) no 1972. É o líder da firma de arquitectura Morphosis, de gran sona e situada en Santa Monica (California). Mayne recibiu o Premio Pritzker no ano 2005.

Infotaula de personaThom Mayne

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento19 de xaneiro de 1944 Editar o valor em Wikidata (80 anos)
Waterbury, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
EducaciónHarvard Graduate School of Design (en) Traducir
Southern California Institute of Architecture (en) Traducir
Universidade do Sur de California
Universidade Harvard
USC School of Architecture (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónarquitecto , profesor universitario Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUCLA Architecture and Urban Design (en) Traducir (1993–2019)
Universidade de Columbia
California State Polytechnic University, Pomona (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Membro de
Obra
Obras destacables
Premios

TED: thom_mayne Editar o valor em Wikidata
Sede do Caltrans, nos Ánxeles.
Edificio Federal de San Francisco.
Edificio de Grao, Universidade de Toronto

A firma Morphosis editar

Thom Mayne, xunto con Michael Rotondi, fundou Morphosis no ano 1972 co obxectivo de tentar desenvolver unha arquitectura afastada das estruturas e formas tradicionais. Comezando como unha colaboración informal entre deseñadores fóra do eido arquitectónico, o seu primeiro proxecto foi unha escola en Pasadena, na que estudaba o fillo de Mayne. A publicidade que conseguiron coa publicación deste proxecto fixo que pouco tempo despois recibiran a encarga de diversos proxectos residenciais, entre eles a Residencia Lawrence.

Dende aquela, o estudo Morphosis creceu dun xeito prominente, até chegar a realizar obras arredor de todo o mundo. Baixo o programa de Excelencia de Deseño do Servizo Xeral da Administración do goberno dos Estados Unidos, Thom Mayne converteuse nun arquitecto prioritario para proxectos públicos. Entre as súas obras recentes están unha residencia de estudantes na Universidade de Toronto, o Edificio Federal de San Francisco, o Centro de Recreo Esdudiantil da Universidade de Cincinnati, a Escola Central de Ciencias nos Ánxeles, o Instituto Dioamond Rancha en Pomona, California, e os xulgados Wayne L. Morse en Eugene, Oregón.

A filosofía do seu deseño editar

A filosofía da firma Morphosis xorde do interese na produción do traballo co significado que pode ser entendido a través da absorción da cultura para a que foi feito. Isto vai en contra das filosofías arquitectónicas tradicionais, que revisten o significado de influencias alleas, afastándose así da finalidade para a que foron feitas.

A palabra "metamorfose" (da cal deriva o nome Morphosis) significa "cambio da forma" ou "transformación". Segundo Morphosis isto reflicte un proceso de deseño intuitivamente agochado nunha sociedade moderna cada vez máis infundada, exemplificada pola cambiante paisaxe da cidade de Os Ánxeles, onde se atopa a compañía. O seu método de traballo valora a contradición, o conflito e mais o cambio, entendendo tamén cada proxecto como unha entidade dinámica.

O traballo de Morphosis ofrece unha calidade segundo capas. Os deseños inclúen sistemas de organización múltiples que atopan expresións únicas ao mesmo tempo que contribúen á creación dunha coherencia común. Visualmente, a firma de arquitectura utiliza formas esculturais que algunhas veces semellan saír da paisaxe sen dificultade ningunha. Nos últimos anos, isto foi posíbel grazas a unhas técnicas de deseño por ordenador únicas que simplifican a construción e o deseño das formas máis complexas.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar