Un tholos ou tolos (do grego θόλος) e plural tholoi é, na arquitectura da Grecia antiga, unha construción de forma circular.

Tholos de Delfos.
Tholos micénico do Tesouro de Atreo.

As primeiras casas deste tipo remóntanse ao Neolítico. Tamén se denominan tholos certas construcións funerarias cun plano circular, como as usadas na cultura micénica. O arquetipo destas tumbas é o "Tesouro de Atreo".

Finalmente, o tholos designa principalmente un templo de estilo clásico, xeralmente grego, cun chan circular rodeado por unha columnata. O máis coñecido é o tholos de Delfos.

Formas antigas editar

Prehistoria editar

Un tholos pode designar unha casa neolítica circular. Os restos máis antigos documentados atopáronse en Khirokitia (Chipre), c. 5800 a.C., con paredes de terra apiñada e canas con barro e presentan cubertas de tipo cupular.[1]

Estas vivendas estaban amplamente estendidas no Neolítico tardío tamén por Creta. Nas Cícladas, atopouse un tipo de construción en tholos, pero para o seu uso como hórreo. Máis tarde, especialmente en Chipre e Creta, as cabanas circulares utilizáronse como tumbas colectivas.

Atopáronse estruturas semellantes en Los Millares, España. Actualmente, pódese visitar.

En Antequera atópase o tholos de El Romeral como exemplo de sepulcro de dúas cámaras do Calcolítico (3800 a.C)

Tholos micénicos editar

A tumba de tholos, tumba de cámara ou tumba de cúpula é un tipo de tumba moi estendida no mundo micénico (Ver: Micenas, Pilos, Tóricos...). O Tesouro de Atreo, en Micenas é o máis importante.

Estas cámaras ou tumbas subterráneas, revestidas de pedras, estaban cubertas por unha falsa cúpula de cantilever, de sección oxival, á que se accedía a través dun corredor. Este sistema non se mantén durante moito tempo a menos que estea cuberto cunha masa de terra que faga peso e impida o seu movemento. Cando a erosión elimina esta contribución adicional da terra, ocorre o seu colapso. Isto adoita acontecer.

Tholos da Grecia clásica editar

Tholos de Atenas editar

Artigo principal: Tholos de Atenas.
 
Vestixios do tholos de Atenas.
 
Deseño esquemático

Este monumento construíuse na Ágora de Atenas no 465 a.C., despois da destrución por Xerxes I no 480 a.C., durante as Guerras Médicas, dun monumento máis antigo que tiña a mesma función.[2]

Tholos de Delfos editar

Artigo principal: Tholos de Delfos.

O Tholos de Delfos está incluído no santuario de Atenea Pronaia. Esta construción circular construíuse entre o 380 a.C e o 360 a.C.. Ten 20 columnas dóricas dispostas nun círculo de 14´76 metros de diámetro exterior, con 10 columnas corintias dentro. O Tholos está situado a uns 800 metros do complexo monumental de Delfos. Restauráronse tres das columnas dóricas, mellorando a estética do monumento e converténdoo no máis emblemático e fotografado de Delfos.

Notas editar

  1. Storch de Gracia, Jacobo: El Arte Griego (I). En Historia del Arte (volumen VII). 1989. Madrid.
  2. M.C. Howatson [dir.], Dictionnaire de l'Antiquité, p. 995.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar