Third Man Records

Third Man Records é un selo discográfico independente fundado polo músico Jack White en Detroit, Míchigan, no ano 2001. Third Man fundou a súa primeira localización física (unha combinación de tenda de discos, local de concertos e sede do selo) en Nashville, Tennessee, en 2009. A discográfica inaugurou unha nova localización en Detroit en 2015, que incluíu unha planta de prensado (Third Man Pressing) en 2017. O lema do selo é "O teu tocadiscos non está morto".[1]

Third Man Records
Fundado en2001
FundadorJack White
DistribuidorasThe Orchard
Xénero(s)blues rock, rock alternativo, garage rock, folk, country
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
LocalizaciónNashville, Tennessee
thirdmanrecords.com

Historia editar

Jack White fundou Third Man Records en Detroit, Míchigan, no ano 2001. White orixinalmente mercou o edificio para almacenar o seu equipo e tiña plans para reeditar os primeiros traballos de The White Stripes. Third Man, que publica álbums e sinxelos principalmente en vinilo, creou a súa primeira localización física en Nashville, Tennessee, o día 11 de marzo de 2009. O local de Nashville serve como unha tenda de discos, a sede do selo e local de concertos. Inclúe a The Blue Room (un local para actuacións e proxeccións para The Light and Sound Machine, unha serie de proxeccións mensual de filmes en colaboración con The Belcourt Theater), un estudio de fotografía, espazo de almacenamento para cintas máster, e o almacén da discográfica. The Blue Room é o único local do mundo en gravar actuacións directamente a acetato, producindo un máster en vinilo a tempo real. Para celebrar a apertura de Third Man Records en Nashville, White estreouse co seu novo proxecto, The Dead Weather, realizando un pequeno concerto para uns 100 convidados. [2]

O nome do selo incorpora varios elementos de importancia persoal para White. A súa afección polo número tres está ben documentada.[3] O nome refírese ao filme de Carol Reed The Third Man, protagonizado por Joseph Cotten e Orson Welles.[3] A antiga empresa de tapicería de White chamábase Third Man Upholstery, e tamén xiraba ao redor das cores amarela e negra.[4] Nunha entrevista con Conan O'Brien dixo que o número tres tamén provén do número mínimo de peches que se precisan para tapizar. White tamén se refire a si mesmo como o "terceiro home" dunha muller na canción "Ball and Biscuit" do álbum de The White Stripes Elephant.

Notas editar

  1. "Jack White interview: 'I'm like Larry David, Alan Partridge and Chris Rock in one person'". the Guardian (en inglés). 2014-06-01. Consultado o 2020-09-24. 
  2. Paulson, Dave. "Third Man Records: 10 defining moments at Jack White's Nashville headquarters". The Tennessean (en inglés). Consultado o 2020-09-24. 
  3. 3,0 3,1 "The White Stripes Play Us a Little Number". pastemagazine.com (en inglés). 2007-08-08. Consultado o 2020-09-25. 
  4. "Jack White: Your Furniture Is Not Dead". Believer Magazine (en inglés). Consultado o 2020-09-25. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar