Theodor von Reding

Militar español de orixe suíza

Theodor von Reding von Biberegg, nado o 3 de xullo de 1755 en Schwyz e finado o 23 de abril de 1809[1] en Tarragona, foi un militar e xeneral suízo que participou na Guerra da Independencia ao servizo do exército español. Seu pai, Teodoro Antonio Reding, tiña en propiedade un rexemento en España, o Vello Reding. Os seus dous irmáns máis novos Aloysio e Nazario tamén serviron a España coincidindo os tres nalgunhas batallas[2].

Infotaula de personaTheodor von Reding

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(de) Theodor Reding von Biberegg Editar o valor em Wikidata
5 de xullo de 1755 Editar o valor em Wikidata
Schwyz (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte23 de abril de 1809 Editar o valor em Wikidata (53 anos)
Tarragona, España Editar o valor em Wikidata
Captain General of Catalonia (en) Traducir
xaneiro de 1809 – 23 de abril de 1809
← Juan Miguel de Vives y Feliu (en) TraducirAntonio Malet (en) Traducir → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeSuíza
España Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmilitar Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
LealdadeReino de España Editar o valor em Wikidata
Rango militarXeneral Editar o valor em Wikidata
ConflitoGuerra da Independencia española e Guerras napoleónicas Editar o valor em Wikidata
Familia
IrmánsAlois von Reding (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

O 22 de outubro de 1772 ingresou, con só 16 anos, no exército como capitán[3] do Rexemento suízo de Reding ao servizo de Carlos IV. Destacou en campañas como as de Menorca (1781-1782), os Pireneos (1793-1795) ou Portugal (1801).

O 21 de abril de 1806 é nomeado, por Carlos IV gobernador de Málaga[1], e como tal preside a Xunta de Málaga. Despois foi nomeado Xeneral en Xefe das tropas do reino de Granada e posteriormente Comandante Xeneral da 1ª División do Exército de Andalucía. Baixo o mando do xeneral Castaños foi o principal artífice en xullo de 1808 como tenente xeneral da derrota do xeneral francés Dupont na batalla de Bailén. Rompeu á cabeza do Rexemento suízo a idea da invencibilidade dos exércitos franceses napoleónicos.

Trala batalla de Bailén, foi enviado a Cataluña como Gobernador de Tarragona e Capitán Xeneral do Principado. Combatería contra as tropas napoleónicas do xeneral Saint-Cyr.

Ambos xenerais enfrontaríanse durante o Sitio de Rosas desde o 6 de novembro até o 5 de decembro de 1808; na batalla de Llinars o 16 e na batalla de Molins de Rei o 21 de decembro de 1808. Durante a batalla de Valls, o 25 de febreiro de 1809, Theodor von Reding recibiu un golpe cun sabre no seu brazo esquerdo, retirándose co resto das súas tropas para Tarragona. Saint-Cyr iniciou un asedio sobre a cidade, chegando a ofrecer a Reding o inicio de conversas con vistas a unha capitulación, mais este rexeitou.

Mentres Theodor von Reding elaboraba novos planos para organizar as súas tropas, caeu enfermo de febres en marzo de 1809. O 23 de abril de 1809 faleceu a consecuencias desas febres provocadas na batalla.

Foi enterrado na catedral de Tarragona, sendo exhumados os seus restos e trasladados para a primeira sepuntura do cemiterio de Tarragona.[1]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 "Artífices de la Victoria". turismobailen.es. Arquivado dende o orixinal o 21-06-2017. Consultado o 01-10-2017. 
  2. "El general suizo que venció a las tropas de Napoleón". laopiniondemalaga.es. Consultado o 01-10-2017. 
  3. "Reding de Biberegg Freüler, Teodoro (1755-1809)". mcnbiografias.com. Consultado o 01-10-2017. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar