The Trial of the Chicago 7

filme de 2020 dirixido por Aaron Sorkin

The Trial of the Chicago 7 é un filme estadounidense de 2020 escrito e dirixido por Aaron Sorkin. Baseado en feitos reais, o filme conta a historia dos Chicago Seven, un grupo de activistas contra a guerra de Vietnam acusados de conspiración e de cruzar fronteiras estatais co obxectivo de incitar disturbios na Convención Demócrata de 1968 que se celebrou en Chicago. Está protagonizado por Yahya Abdul-Mateen II, Sacha Baron Cohen, Daniel Flaherty, Joseph Gordon-Levitt, Michael Keaton, Frank Langella, John Carroll Lynch, Eddie Redmayne, Noah Robbins, Mark Rylance, Alex Sharp e Jeremy Strong.

The Trial of the Chicago 7
Ficha técnica
Título orixinalThe Trial of the Chicago 7
DirectorAaron Sorkin
Produtor
  • Stuart M. Besser
  • Matt Jackson
  • Marc Platt
  • Tyler Thompson
GuiónAaron Sorkin
Intérpretes
MúsicaDaniel Pemberton
FotografíaPhedon Papamichael
MontaxeAlan Baumgarten
Estudio
DistribuidoraNetflix
Estrea 25 de setembro de 2020
Duración130 minutos
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
XéneroHistórico e drama legal
Orzamento35 millóns de dólares[1]
Recadación107 423 dólares[2][3]
Na rede
https://www.netflix.com/it/title/81043755
IMDB: tt1070874 Filmaffinity: 389985 Allocine: 130085 Rottentomatoes: m/the_trial_of_the_chicago_7 Allmovie: v585465 Metacritic: movie/the-trial-of-the-chicago-7 Netlix: 81043755Editar o valor em Wikidata

Sorkin escribiu orixinalmente o guión en 2007, coa intención de que Steven Spielberg dirixise o filme cun elenco de actores descoñecidos. Despois da folga de guionistas de 2007 e por mor de problemas orzamentarios, Spielberg abandonou o proxecto e o propio Sorkin foi anunciado como director en outubro de 2018. A maioría do elenco uniuse ao proxecto ese mesmo mes.[4] A rodaxe comezou no outono de 2019 en Chicago e nos arredores de Nova Jersey.

Orixinalmente, a súa distribución nos cinemas estaba xestionada por Paramount Pictures, mais os dereitos de distribución foron vendidos a Netflix por mor da pandemia por coronavirus. Estreouse nalgúns cinemas escollidos dos Estados Unidos o 25 de setembro de 2020, e dixitalmente en Netflix o 16 de outubro de 2020. Recibiu valoracións positivas por parte da crítica.

Personaxes editar

Os sete de Chicago editar

Outros papeis editar

Notas editar

  1. Keegan, Rebecca (23 de setembro de 2020). "The Long Journey and Intense Urgency of Aaron Sorkin's 'The Trial of the Chicago 7'". The Hollywood Reporter. Consultado o 24 de setembro de 2020. 
  2. Box Office Mojo (ed.). "The Trial of the Chicago 7 (2020)". Consultado o 17 de outubro de 2020. 
  3. The Numbers (ed.). "The Trial of the Chicago 7 (2020) - Financial Information". Arquivado dende o orixinal o 19 de outubro de 2020. Consultado o 26 de outubro de 2020. 
  4. Ansen, David (22 de xullo de 2020). "First Look at Aaron Sorkin’s The Trial of the Chicago 7". Vanity Fair. Consultado o 22 de xullo de 2020. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Sorkin, Aaron. The Trial of the Chicago 7: The Screenplay. Nova York: Simon & Schuster, 2020. ISBN 1982163240. OCLC 1148870502
  • Editado por Mark L. Levine, George C. McNamee and Daniel Greenberg / Foreword by Aaron Sorkin. The Trial of the Chicago 7: The Official Transcript. Nova York: Simon & Schuster, 2020. ISBN 978-1982155094. OCLC 1162494002
  • Editado cunha introdución de Jon Wiener. Conspiracy in the Streets: The Extraordinary Trial of the Chicago Seven. Por Tom Hayden e debuxos de Jules Feiffer. Nova York: The New Press, 2006. ISBN 978-1565848337
  • Editado por Judy Clavir e John Spitzer. The Conspiracy Trial: The extended edited transcript of the trial of the Chicago Eight. Complete with motions, rulings, contempt citations, sentences and photographs. Introdución de William Kunstler e continuación de Leonard Weinglass. Indianápolis: Bobbs-Merrill Company, 1970. ISBN 0224005790. OCLC 16214206

Ligazóns externas editar