The Trashmen foi unha banda de rock and roll de Minneapolis, Minnesota (USA), formada en 1962. O grupo estaba formado por Tony Andreason, líder do grupo, cantante e principal guitarrista, Dal Winslow, na guitarra e coros, Steve Wahrer na batería e coros, e Bob Reed no baixo. O seu estilo era o surf–rock con moitos elementos do garage típico dos 60.

The Trashmen
OrixeMinneapolis,
Período1962 - 1989
Xénero(s)rock and roll
MembrosTony Andreason
Dal Winslow
Steve Wahrer
Bob Reed
Na rede
IMDB: nm3174460 Facebook: TheTrashmenBand Twitter: THETRASHMENBAND Musicbrainz: 1f190f39-89cc-426f-ac40-56c31ebf306f Songkick: 553770 Discogs: 254857 Allmusic: mn0000007729 Genius: The-trashmen Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

A canción máis coñecida, e a que lles fixo famosos, foi Surfin’ Bird, do ano 1963, que chegou ó número catro do Billboard Hot 100 na parte final do ano. A canción era unha combinación de dúas cancións de The Rivingtons, Papa-Oom-Mow-Mow e The Bird's the Word, e estaba tan claro o medio plaxio que incluso chegaron a incluílos nos discos como compositores. Desta canción fixeron unha versión posterior Los Ramones.

O grupo desfíxose no ano 1967, mais volveu ó escenario nos 80 e estiveron tocando xuntos ata que faleceu o batería en 1989. Seguen tocando xuntos de forma ocasional.

Aínda que a xente quédase coa famosa canción, ben coñecida polo filme de Stanley Kubrick A chaqueta metálica (Full metal jacket), o disco é excepcional e altamente recomendable para todos aqueles fans dos 60 e da música surf e garage. Recoñécense en seguida versións posteriores. As primeiras 12 cancións forman parte do LP orixinal de 1964, incluíndo tamén catro cancións extras.

Discografía editar

  • Surfin' Bird - 1963 (Garrett)
  • Bird Dance Beat - 1965 (Garrett)
  • Comic Book Collector - 1989 (NPR)
  • Live Bird '65–'67 - 1990 (Sundazed)
  • Tube City!: The Best of the Trashmen - 1992 (Sundazed)
  • The Great Lost Trashmen Album - 1994 (Sundazed)
  • Bird Call!: The Twin City Stomp of the Trashmen - 1998 (Sundazed)
  • Teen Trot: Live At Ellsworth, WI, August 22, 1965 - 2009 (Sundazed)
  • Deke Dickerson and the Trashmen: Bringing Back the Trash - 2014 (Major Label Records)