The Terror State é o cuarto álbum da banda estadounidense de punk rock Anti-Flag, publicado o 21 de outubro de 2003 a través do selo Fat Wreck Chords. A ilustración da portada foi considerada polémica (era unha foto da sobriña do vocalista Justin Sane entre cascallos levando un subfusil), e o grupo viuse forzado a crear unha versión alternativa (que era un fondo negro co nome do disco no centro) para vender o álbum en grandes cadeas como Wal-Mart.

The Terror State
Álbum de Anti-Flag
Publicado21 de outubro de 2003
Duración36:48
Xénero(s)punk rock
Selo(s)Fat Wreck Chords
Producido porTom Morello, Nick DiDia
Cronoloxía
BYO Split Series, Vol. 4 The Terror State Death of a Nation

Producido polo guitarrista de Rage Against the Machine Tom Morello, The Terror State foi aclamado como o álbum de Anti-Flag máis puído ata a data. O disco chgou ao número 1 nas listas da emisora KTUH na semana do 19 de xaneiro de 2004.[1] En abril de 2008 o álbum levaba vendidas 106.000 copias.[2]

Listaxe de cancións editar

N.º Título Duración
1. "Turncoat"   2:10
2. "Rank-N-File"   3:46
3. "Post-War Breakout" (Woody Guthrie)"   3:11
4. "Sold as Freedom"   2:16
5. "Power to the Peaceful"   2:57
6. "Mind the G.A.T.T."   3:14
7. "You Can Kill the Protester, But You Can't Kill the Protest"   2:33
8. "When You Don't Control Your Government People Want to Kill You"   2:47
9. "Wake Up!"   2:35
10. "Tearing Down the Borders"   3:07
11. "Death of a Nation"   1:55
12. "Operation Iraqi Liberation"   2:21
13. "One People, One Struggle"   3:01
14. "Fuck the Flag" (canión extra) 0:52

Notas editar

  1. KTUH FM (ed.). "Listas de KTUH FM". Archived from the original on 31 de outubro de 2008. Consultado o 11 de novembro de 2016. 
  2. Pittsbourgh Post-Gazette (ed.). "Anti-Flag: Frequently Asked Questions". Consultado o 11 de novembro de 2016.