The Smiths (álbum)

The Smiths é o álbum de estrea da banda inglesa de rock alternativo The Smiths, publicado o 20 de febreiro de 1984. O disco acadou o número 2 da lista británica de álbums, estando na mesma durante 33 semanas. Tras sentir que a produción orixinal de Troy Tate era inaxeitada, John Porter volveu gravar o traballo en Londres e Manchester nos descansos da xira británica de setembro de 1983. O álbum foi ben recibido pola crítica e polo público, e estableceu a The Smiths como unha banda importante na escena británica dos anos 80.

The Smiths
Álbum de The Smiths
Publicado20 de febreiro de 1984
Gravacióninverno de 1983
Estudio(s)Pluto Studios en Manchester, Strawberry Studios en Stockport, e Eden Studios e Matrix Studios en Londres
Duración45:36
Xénero(s)rock alternativo, indie pop
Selo(s)Rough Trade (RU), Sire (EEUU)
Producido porJohn Porter, The Smiths
Cronoloxía
- The Smiths Meat Is Murder

Listaxe de cancións editar

Tódolos temas escritos e compostos por Morrissey e Johnny Marr. 

Cara 1
N.º Título Duración
1. "Reel Around the Fountain"   5:58
2. "You've Got Everything Now"   3:59
3. "Miserable Lie"   4:29
4. "Pretty Girls Make Graves"   3:44
5. "The Hand That Rocks the Cradle"   4:38
Cara 2
N.º Título Duración
6. "Still Ill"   3:23
7. "Hand in Glove"   3:25
8. "What Difference Does It Make?"   3:51
9. "I Don't Owe You Anything"   4:05
10. "Suffer Little Children"   5:28